General Motors , a enciclopedia libre

General Motors Company, polo xeral denominada General Motors (GM), é unha empresa multinacional estadounidense con sede en Detroit que deseña, fabrica, comercializa e distribúe vehículos, e pezas, e mais tamén vende servizos financeiros. GM produce automóbiles e camións en 35 países. A compañía fundouna William C. Durant o 16 de setembro de 1908, e foi o meirande fabricante de automóbiles de 1931 a 2007.[1]

General Motors


Tipofabricante de automóbiles, organización comercial, empresa de capital aberto e empresa produtora Editar o valor en Wikidata
Parte deS&P 500 Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicacorporación de Delaware e empresa de capital aberto Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aWilliam C. Durant (pt) Traducir e Charles Stewart Mott (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaindustria do automóbil Editar o valor en Wikidata
Economía
Bolsa de valoresNew York Stock Exchange Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación16 de setembro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Premios
Localización
Mapa
 42°19′48″N 83°02′25″O / 42.3299, -83.0402
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
SedeDetroit Editar o valor en Wikidata
Lugar de formaciónDetroit Editar o valor en Wikidata
Ligazóns
Páxina WEBgm.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: generalmotors Twitter: GM Instagram: generalmotors Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

Características

editar

No ano 2008 vendeu 8.350.000[2] vehículos, acadando os 10 millóns en 2016.[3]. As marcas actuais que comercializa son Baojun, Buick, Cadillac, Chevrolet, GMC, Holden e Wuling. No pasado tamén comercializou Daewoo, McLaughlin, Oakland, Oldsmobile, Pontiac, Hummer, Saab, Saturn, así como Vauxhall e Opel (esta última mercada polo Grupo PSA en 2017).

As partes e accesorios de vehículos comercialízanse baixo as marcas GM Performance Parts, GM Goodwrench e ACDelco nos concesionarios de General Motors a través de GM Service and Parts Operations. Os motores e transmisións subminístraos GM Powertrain. GM tamén conta cunha sección comercial para créditos e seguros por medio do GMAC Financial Services; tamén ofrece un servizo de seguridade, información e seguridade a través da súa filial OnStar.

A actual compañía, General Motors Company ("nova GM") formouse en 2009 logo da creba de General Motors Corporation ("vella GM"), que se converteu en Motors Liquidation Company. A nova empresa mercou a maioría dos activos da vella GM, incluíndo "General Motors".

  1. Marr, Kendra (22 de xaneiro de 2009). "Toyota Passes GM as World's Largest Automaker". The Washington Post. 
  2. Media.gm.com, ed. (21 de xaneiro de 2009). "GM Media Online". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o June 1, 2009. 
  3. Isidore, Chris. CNN, ed. "GM sells 10 million cars for first time thanks to China". Consultado o A 3 de abril de 2018.