Gizeh , a enciclopedia libre
Gizeh[1] ou Xizá[2] (en copto: ⲅⲓⲍⲁ, e en árabe exipcio: الجيزة) é unha cidade próxima ao Cairo, no suroeste da cidade, a poucos quilómetros na ribeira do Nilo. É capital da provincia (muhafazah) de Al Jizah e a terceira maior cidade do Exipto, con 2 443 490 habitantes (2005).
مدينة الجيزة (ar) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Exipto | ||||
Gobernación | Governación de Guiza ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.598.402 (2020) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua árabe ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 187 km² ![]() | ||||
Altitude | 30 m ![]() | ||||
Creación | 642 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 2 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | giza.gov.eg… ![]() | ||||
![]() |

Trátase dun importante centro comercial, industrial, cultural e administrativo. Conta cunha produción diversificada como a maquinaria, a industria química ou o tabaco.
A cidade posúe barrios musulmáns tradicionais así como luxosas urbanizacións ao longo do río e moitas embaixadas estranxeiras e sedes de órganos do goberno. As institucións educativas inclúen a Academia da Lingua Árabe, un Instituto de estudos de oftalmoloxía ou a Universidade do Cairo xa dende 1924.
Nela atópase a Meseta de Giza, na que se sitúa a famosa Necrópole de Gizeh, utilizada durante o Antigo Exipto, principalmente durante o Imperio Antigo.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para esfinxe.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Gizeh |