Goat é o segundo álbum da banda estadounidense de noise rock The Jesus Lizard, publicado o 21 de febreiro de 1991 a través do selo Touch and Go Records. O traballo foi producido por Steve Albini e trátase do seu disco máis aclamado.
A súa portada, realizada polo baixista David Wm. Sims, nun primeiro momento semella unha chama, pero realmente é unha muller en topless cunha imaxe de preto de unllas proxectadas no seu corpo. A parte de atrás e varias páxinas do libreto do CD inclúen imaxes semellantes da mesma muller núa, con diferentes proxeccións no seu corpo. A publicación en liña Pitchfork situouno no número 38 na súa lista dos 100 mellores álbums dos 90.[1]
N.º | Título | Duración |
1. | "Then Comes Dudley" | 4:23 |
2. | "Mouth Breather" | 2:16 |
3. | "Nub" | 2:30 |
4. | "Seasick" | 3:11 |
5. | "Monkey Trick" | 4:18 |
6. | "Karpis" | 3:10 |
7. | "South Mouth" | 3:03 |
8. | "Lady Shoes" | 2:41 |
9. | "Rodeo in Joliet" | 4:49 |
Reedición remasterizada deluxe |
N.º | Título | Duración |
10. | "[silencio]" | 0:09 |
11. | "Sunday You Need Love" | 2:45 |
12. | "Pop Song" | 2:15 |
13. | "Seasick (live)" | 3:05 |
14. | "Lady Shoes (live)" | 2:37 |
15. | "Monkey Trick (live)" | 4:32 |