Google Maps , a enciclopedia libre
Google Maps é un servizo de mapeo web desenvolvido por Google. Foi anunciado por primeira vez en Google Blog o 8 de febreiro de 2005. Orixinalmente soportaría só ós usuarios de Internet Explorer e Mozilla Firefox, pero o soporte para Opera e Safari foi engadido o 25 de febreiro de 2005. O software estivo na súa fase beta durante seis meses, antes de converterse en parte de Google Local, o 6 de outubro de 2005.
Google Maps | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | sitio web, mapa dixital, aplicación web e servizo de mapas de Internet ![]() |
Uso | cartografía en liña ![]() |
Aplicación oficial | Google Maps Go ![]() |
Características | |
Plataforma | máquina virtual Java ![]() |
Linguaxe de programación | C++, JavaScript, XML e AJAX ![]() |
Datas e localizacións | |
Creación | 8 de febreiro de 2005 ![]() |
Persoas e organizacións | |
Propietario/a | Google ![]() |
Fundador/a | Jens Eilstrup Rasmussen e Lars Rasmussen ![]() |
Distribuidor/a | Google Play e App Store ![]() |
Desenvolvedor | Google ![]() |
Creador/a | Google ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Blog oficial | blog.google… ![]() |
Páxina WEB | google.com… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Características
editarGoogle Maps permite visualizar o mundo a través de imaxes vía satélite, imaxes de mapas ou combinar estas dúas. Grazas ao buscador, podemos buscar lugares de todo o mundo e poder visualizalo de forma efectiva.
As imaxes de satélite comparten a base de datos de Google Earth, o que significa que son as mesmas imaxes que se verán no devandito programa e coa mesma resolución.
Os mapas só están dispoñibles en certos lugares, o que significa que a función híbrida de mapa e satélite só estea dispoñible nos lugares onde se cumpran as dúas características.
Linguaxe
editarComo nas aplicacións web de Google, úsanse un gran número de arquivos Javascript para crear Google Maps. Como o usuario pode mover o mapa, a visualización do mesmo báixase dende o servidor. Cando un usuario busca un negocio, a localización é marcada por un indicador en forma de pin, o cal é unha imaxe PNG transparente sobre o mapa. Para lograr a conectividade sen sincronía co servidor, Google aplicou o uso de AJAX dentro desta aplicación. É unha aplicación para o desenvolvemento de mapas.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Google Maps |