Gravity Recovery and Climate Experiment Follow-On , a enciclopedia libre
GRACE-FO (acrónimo de Gravity Recovery and Climate Experiment Follow-On) foi unha misión composta por dous satélites artificiais colaboración da NASA e Alemaña, continuación da misión GRACE, lanzado o 22 de maio de 2018 mediante un foguete Falcon 9 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[3][4][6][7]
GRACE-FO / Gravity Recovery and Climate Experiment Follow-On | |
---|---|
![]() Representación artística das naves GRACE-FO | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 22 de maio de 2018[1][2][3][4][5] |
Foguete portador | Falcon 9[3][4][6] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3][4][7] |
Obxectivo da misión | Medición do campo gravitatorio terrestre.[3][4][7] |
NSSDC ID | 2018-047A |
Masa | 580 kg cada nave[3][4][6][7] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6866 km[1] |
Inclinación | 89,0 graos[1] |
Apoapse | 503,9 km[1] |
Periapse | 486,5 km[1] |
Características
editarA misión de GRACE-FO é continuar as medicións levadas a cabo pola anterior misión GRACE do campo gravitatorio da Terra, tanto a súa compoñente estática como a dinámica, mediante dous satélites idénticos voando en formación e capaces de medir a distancia entre eles cunha precisión duns poucos micrómetros. A distancia entre os dous satélites (denominados GRACE-FO 1 e GRACE-FO 2) determínase mediante microondas en banda K, GPS e, como novedade, láser. Os erros introducidos polo rozamento atmosférico e a presión da radiación solar minimízanse sendo medidos mediante un acelerómetro e restados das medidas entre os satélites. Cada unha das naves GRACE-FO mide aproximadamente 3,0 x 2,0 x 0,8 m e pesan uns 580 kg.[3][4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "GRACE-FO 1" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2023.
- ↑ N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "GRACE-FO 2" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (28 de outubro de 2022). "GRACE-FO 1" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 NASA (28 de outubro de 2022). "GRACE-FO 2" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2023.
- ↑ "Note verbale dated 31 January 2019 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (20-05805 (E)): 16. 9 de outubro de 2020. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de maio de 2023. Consultado o 3 de maio de 2023.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "GRACE-FO" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Mark Wade (2023). "GRACE-FO" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gravity Recovery and Climate Experiment Follow-On |