Hugo Rama , a enciclopedia libre

Hugo José Rama Calviño, nado o 22 de novembro de 1996 en Sigüeiro, é un futbolista galego que xoga como centrocampista.

Modelo:BiografíaHugo Rama
Nome orixinalHugo José Rama Calviño
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Sigüeiro, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,77 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2015–2017   Deportivo Fabril
2017–2018   CCD Cerceda
2018–2019 cesión   Club Deportivo Mirandés 36(6)
2018–2022   CD Lugo 68(4)
2022–   Real Oviedo

Traxectoria

editar

Nado en Sigüeiro, Oroso, a orixe arxentina de seu pai fixo que fose afeccionado de River Plate dende pequeno.[1][2] Comezou a súa formación como futbolista nas categorías inferiores do Celta de Vigo, onde destacou ata o segundo ano de xuvenil, cando decidiu abandonar o club por "saúde mental" e porque xa non gustaba da rutina que levaba.[3] [4]Xogou entón unha campaña no Xuventude Oroso, co que logrou o ascenso á Liga Nacional, e debutou na Primeira Galicia co Sigüeiro, compartindo equipo con Juanito.[4] Foi nun partido ante o Cordeiro, no que marcou o único gol do seu equipo, que perdeu 1-2.

Após esa temporada incorporouse ao Deportivo da Coruña como xuvenil de terceiro ano.[5] Do equipo xuvenil dirixido por José Ramón pasou ao Fabril na tempada 2015/16, onde se converteu nun dos xogadores fixos para o adestrador Manuel Mosquera. Con todo, a chegada de Cristóbal Parralo ao banco acabou provocando a saída de Rama do club por falta de minutos, despois de 49 partidos co filial.

En agosto de 2017 asinou co Cerceda de Tito Ramallo, aproveitando así a oportunidade de xogar na Segunda División B. Titular indiscutible no club cercedense, disputou un total de 44 partidos, 39 deles como titular, e marcou 9 goles.

O 25 de xaneiro de 2018 asinou un contrato co Lugo, da Segunda División, que se faría efectivo para a seguinte temporada. Porén, o club lucense cedeuno na súa primeira campaña ao Mirandés de Segunda B. En Miranda de Ebro foi titular indiscutíbel e unha das pezas chave do equipo adestrado por Borja Jiménez, que gañou a Copa Federación e logrou o ascenso a Segunda. Con todo, caeu lesionado nun encontro das eliminatorias de ascenso contra o Recreativo de Huelva, rompendo o ligamento cruzado anterior do xeonllo no mesmo momento que marcaba o único gol do partido.[6] A pesar da lesión, o 24 de xullo Rama prolongou o seu contrato co Lugo até 2022.

Reapareceu nos terreos de xogo en xaneiro de 2020,[7] debutando co Lugo en Segunda nun encontro ante o Rayo Vallecano no Estadio de Vallecas, entrando ao campo na segunda metade como substituto de Álex López. O 21 de outubro de 2020 marcou o seu primeiro gol na categoría de prata, na vitoria por 3-0 do seu equipo fronte ao Girona no Anxo Carro.[8] Durante esa tempada (2020/21) disputou 38 encontros, 30 deles como titular, e marcou 4 goles.

En xaneiro de 2022 acordou co club a rescisión do seu contrato e asinou polo Oviedo, da mesma categoría. Xogou 10 partidos no que restaba de tempada, ás ordes do Cuco Ziganda, pero non se fixo cun oco no once titular ata a campaña seguinte, especialmente trala chegada do adestrador Álvaro Cervera.[9] Iniciou a tempada 2023/24 como xogador do Oviedo, sendo titular na primeira xornada ante o Tenerife, pero no último día do mercado anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, despois de chegar a un acordo co Oviedo para rescindir o seu contrato.[9] O seu balance no club asturiano foi de 48 partidos e 1 gol.

A súa contratación polo Deportivo supuxo o seu regreso ao club coruñés seis anos despois da súa marcha do filial. Debutou co primeiro equipo branquiazul na segunda xornada da Primeira Federación, nunha vitoria por 0-3 diante do Lugo, o seu exequipo, no Anxo Carro. Cun irregular rendemento na primeira metade da tempada, o seu protagonismo caeu na segunda volta, e cando comezaba a recuperar peso no equipo con cinco titularidades consecutivas caeu lesionado ante a Cultural Leonesa, perdendo o resto da campaña.[10] Con todo, contribuíu con 30 partidos (a metade deles como titular) e 2 goles ao ascenso do equipo á Segunda División como campión da categoría.[10]

Na tempada 2024/25 apenas tivo participación no equipo coruñés, saíndo como titular só nun partido de liga e noutro de Copa do Rei, e sumou só 289 minutos entre ambas competicións.[11][12] A finais de xuño anunciouse que non continuaría no club na vindeira tempada.[13]

Estatísticas

editar
Club Tempada Categoría Liga Copa do Rei Outros[N 1] Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Sigüeiro 2014/15 Primeira Galicia 1 1 - - - - 1 1
Fabril 2015/16 Terceira 27 1 - - 4 1 31 2
2016/17 Terceira 15 2 - - - - 15 2
Total club 42 3 0 0 4 1 46 4
Cerceda 2017/18 Segunda B 36 0 - - - - 36 0
Mirandés 2018/19 Segunda B 36 6 1 0 7 3 44 9
Lugo 2019/20 Segunda 13 0 0 0 - - 13 0
2020/21 Segunda 36 4 2 0 - - 38 4
2021/22 Segunda 19 0 2 0 - - 21 0
Total club 68 4 4 0 0 0 72 4
Oviedo 2021/22 Segunda 10 1 0 0 - - 10 1
2022/23 Segunda 34 0 3 0 - - 37 0
2023/24 Segunda 1 0 0 0 - - 1 0
Total club 45 1 3 0 0 0 48 1
Deportivo 2023/24 Primeira RFEF 29 2 1 0 - - 29 2
2024/25 Segunda 15 0 1 0 - - 16 0
Total club 44 2 2 0 0 0 46 2
Total carreira 262 17 10 0 11 4 292 21
  1. Inclúe partidos de promocións de ascenso e Copa Federación.

Palmarés

editar
Mirandés
Deportivo da Coruña
  1. Durán, Pablo (22 de outubro de 2019). "La Libertadores se juega en el Ángel Carro". El Progreso (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  2. "El perfil de Hugo Rama, el hincha de River que dejó el Celta por el equipo de su pueblo" (en castelán). 4 de febreiro de 2022. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  3. De la Cruz, Luis (14 de setembro de 2023). "Hugo Rama: “No disfrutaba y parar me dio la vida, era joven y no sabía si iba a ser futbolista o camionero”". As (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 Antelo, Iván (29 de maio de 2016). "Hugo Rama, un ave fénix blanquiazul". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  5. "El Deportivo llega a un acuerdo con Hugo Rama para su regreso" (en castelán). 31 de agosto de 2023. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  6. "El Lugo confirma la rotura del cruzado de Hugo Rama". As (en castelán). 17 de xuño de 2019. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  7. Meitín Buján, I. (14 de xaneiro de 2020). "Hugo Rama e 17 máis para asaltar Vallecas por primeira vez". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  8. "Hugo Rama lémbrase de Juanfran tras marcar o seu primeiro gol como profesional". CRTVG. 22 de outubro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2020. 
  9. 9,0 9,1 Fernández, Pablo (31 de agosto de 2023). "Oficial: Hugo Rama rescinde con el Oviedo y se va al Deportivo" (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  10. 10,0 10,1 Lema, Jorge (8 de xuño de 2024). "Vacaciones activas de Hugo Rama para el regreso a Segunda con el Deportivo". As (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2025. 
  11. López Bonome, Antón (1 de maio de 2025). "El mediocampo del Deportivo, a dos velas para recibir al Albacete" (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2025. 
  12. Gómez, Xurxo (2 de xuño de 2025). "El Uno x Uno del Deportivo en la temporada 2024-25". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2025. 
  13. Regueiro, Zeltia (28 de xuño de 2025). "Hugo Rama dice adiós al Dépor". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2025. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar