IES Monelos , a enciclopedia libre
O Instituto de Ensinanza Secundaria Monelos é un centro de educación secundaria e de bacharelato pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado no Barrio de Monelos, na cidade da Coruña.
IES Monelos | ||||
---|---|---|---|---|
A Coruña ![]() | ||||
Tipo | instituto de educación secundaria ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1966 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | A Coruña ![]() | |||
Enderezo | Rúa Montes, A Coruña ![]() | |||
Fontes e ligazóns | ||||
Páxina WEB | centros.edu.xunta.es… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A súa construción foi prevista durante a ditadura franquista polo Boletín Oficial do Estado do 27 de agosto de 1966, para dar unha liña alternativa como continuación do Instituto Masculino (IES Salvador de Madariaga), e aínda que na actualidade funciona como extensión do CEIP San Francisco Javier, tamén recibe gran parte de alumnos do CEIP Juan Fernández Latorre e estudantes do IES Ramon Otero Pedrayo para o nivel de bacharelato. O Instituto abriu por primeira vez as súas portas o 1 de outubro de 1969 albergando os 5 niveis do antigo bacharelato. Coa denominación orixinal de "Instituto Nacional de Bachillerato" (INB) mudou a Instituto Nacional de Bacharelato Mixto (INBM) na transición, o de Instituto de Bacharelato (IB) tralo traspaso de competencias en materia de educación do Ministerio á Consellería, e finalmente o de Instituto de Educación Secundaria (IES) trala impantación da LOXSE en 1998, actualmente coa LOMCE en vigor segue a se denominar como Instituto de Educación Secundaria. O edificio actual ten tres andares e é o resultado de tres reformas e ampliacións sucesivas. Tamén dispón, separado do edificio principal, dun pavillón polideportivo cuberto.
Nel estudaron persoas de relevancia no mundo da cultura como Manuel Rivas, Xurxo Lobato, Brais Estévez ou Óliver Laxe e impartiron clases outras como Luz Pozo Garza, Xavier Seoane, Antón Capelán, Mercedes Queixas, Ánxeles Penas, ou Xosé Antón Fraga. Neste centro edítase a revista escolar Camiño do Corgo, de edición trimestral dende o ano 1998.
Oferta educativa
editarNo instituto de Monelos impártense todos os cursos da Educación Secundaria Obrigatoria, e ofrece as modalidades de Humanidades e Ciencias Sociais, e a de Ciencias da Natureza e da Saúde para o Bacharelato, dispoñendo habitualmente de dous liñas en cada curso da ESO, e outras dous para cada modalidade do Bacharelato.
Ademais, no centro impártense clases da Escola Oficial de Idiomas polas tardes para alumnos de 3º e 4º da ESO.
Proxecto Defrit
editarO IES Monelos é o unico instituto de España participante no proxecto europeo DEFRIT. Esta publicación nace no ano 1991 no instituto alemán de Hozlgerlingen, coa intención de publicar un xornal en varias linguas a nivel europeo. Inicialmente os países que fundaron o proxecto foron tres, Alemaña (DE), Francia (FR), e Italia (IT), do que saíu o nome DEFRIT, ao que se uniría en 1992 o Instituto de Monelos, polo que se lle outorgou a letra "E" de Alemaña para simbolizar a España, e quedando libres o R de Francia (que ocuparía posteriormente Romanía) e o T de Italia, aínda sen ocupar.
Actualmente os centros educativos que participan neste proxecto son, por orde de adhesión:
- Schönbuch-Gymnasium, Holzgerlingen (Alemaña)
- Lycée Jules Supervielle, Oloron-Sainte-Marie (Francia)
- Liceo scientifico Federico II de Svevia, Altamura (Italia)
- IES Monelos, A Coruña (España)
- Sch. 70, Ekaterimburgo (Rusia)
- Ÿcoal² Lenau, Timisoara (Romanía)
- German Saturday School, Montreal (Canadá)
- Deutsche Botschaftsschule, Teherán (Irán)
- Broxbourne School, Broxbourne Herts (Inglaterra)
Concurso de Fotografía Xurxo Lobato
editarEste concurso de fotografía organízao a asociación de exalumnos do instituto, vai destinado a alumnos de ESO e Bacharelato de toda Galicia, especialmente aos alumnos do propio centro. O concurso é de tema libre, cun máximo de tres fotografías presentadas por cada participante.
Comezou no ano 2004, cando ó director do centro e ó fotógrafo e exalumno Xurxo Lobato se lles ocorreu poñer en marcha esta idea co apoio da Deputación da Coruña.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |