Indonesian Aerospace , a enciclopedia libre
Indonesian Aerospace (IAe), ou o nome oficial indonesio PT Dirgantara Indonesia (Persero), é unha compañía aeroespacial indonesia implicada no deseño de aeronaves e no desenvolvemento e fabricación de avións rexionais civís e militares. A compañía era anteriormente coñecida como Industri Pesawat Terbang Nusantara (IPTN).[1] Expandiuse dende unha instalación industrial e de investigación baixo o auspicio da Forza Aérea de Indonesia, chamada Lembaga Industri Penerbangan Nurtanio (LIPNUR).
Indonesian Aerospace | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | fabricante aeroespacial ![]() | ||
Forma xurídica | empresa estatal ![]() | ||
Actividade | |||
Industria | industria militar e industria aeroespacial ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 23 de agosto de 1976 ![]() | ||
Localización | |||
País | Indonesia ![]() | ||
Sede | Bandung ![]() | ||
Ligazóns | |||
Páxina WEB | indonesian-aerospace.com ![]() | ||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Creada no ano 1976 como unha empresa pública, desenvolveu a súa capacidade como fabricante de aeronaves e diversificouse cara a outras áreas, como telecomunicacións, automoción, marítima, tecnoloxía da información, gas e petróleo, control e automatización, militar, tecnoloxía de simulación, turbinas industriais e servizos de enxeñería.
Notas
editar- ↑ "PT Indonesian Aerospace". Global Security. Consultado o 14 de novembro de 2018.