I am… é o cuarto álbum de estudio lanzado pola cantante Ayumi Hamasaki oficialmente o 1 de xaneiro do ano 2002. Neste álbum pódese notar por primeira vez o cambio no contido das letras da artista, dende sentimentos de soidade, temor e tristeza expresados nos seus anteriores traballos, este contén letras moito máis esperanzadoras e en xeral, máis positivas, cambiando un pouco o enfoque musical da artista tamén.
Co lanzamento do primeiro single titulado "M”, lanzado en decembro do ano 2000, Ayumi deu os seus primeiros pasos ó traballar de compositora baixo o alias de CREA, compoñendo a letra e a música da canción. Dende o seu lanzamento e éxito, "M" converteuse nun dos clásicos da artista e nun dos singles mellor vendidos. Neste álbum Ayu comeza a separarse pouco a pouco do estilo J-Pop puro dos seus primeiros traballos, achegándose moito máis o uso de guitarras acústicas e eléctricas e máis toques de rock, cun claro reflexo no seu segundo single, "Never Ever". O terceiro single, "Endless Sorrow", foi regravado e rearranxado para o lanzamento deste álbum, con algúns cambios nas letras e cun toque moito máis acústico. Do cuarto single, titulado "Dearest", pódese mencionar que foi un dos endings do anime chamado Inuyasha, e tamén utilizouse a canción "No More Words", unha das cancións de apoio, nunha das películas da serie. "A Song Is Born" foi regravada xunto a cantante de Globe, Keiko e utilizada para unha campaña benéfica de Avex Trax titulada "Song+Nation", para recadar fondos para as vítimas do 11 de setembro dos Estados Unidos.
# | Título |
1. | I am... |
2. | Opening Run |
3. | Connected |
4. | Unite! |
5. | Evolution |
6. | Naturally |
7. | Never Ever |
8. | Still Alone |
9. | Daybreak |
10. | Taskinlude |
11. | M |
12. | A Song Is Born |
13. | Dearest |
14. | No More Words |
15. | Endless Sorrow ~gone with the wind ver.~ |
Lanzamento | Lista | Máxima posición | Vendas na primeira semana | Vendas totais | Semanas |
1 de xaneiro de 2002 | Oricon Daily Singles Chart | #1 | | | |
1 de xaneiro de 2002 | Oricon Weekly Singles Chart | #1 | 1,751,360 | 2,308,112 | 25 |
1 de xaneiro de 2002 | Oricon Yearly Albums Chart | #2 | | | |