In This Light and on This Evening é o terceiro álbum de estudio da banda inglesa de indie rock Editors, publicado o 12 de outubro de 2009 a través do selo Kitchenware Records.[1] O grupo dixo que o material tería un son máis cru e cargado de himnos en comparación cos seus anteriores traballos.[2]
O primeiro sinxelo do álbum foi "Papillon".[3] O segundo foi "You Don't Know Love", editado o 25 de xaneiro do ano seguinte e o terceiro, "Eat Raw Meat = Blood Drool", lanzouse o 24 de maio. O álbum tamén contacun EP extra de cinco temas, chamado Cuttings II.[4] Foi o derradeiro álbum de Editors co guitarrista Chris Urbanowicz, que marchou da banda o 15 de abril de 2012.
Todos os temas compostos por Edward Lay, Russell Leetch, Tom Smith, e Chris Urbanowicz.
N.º | Título | Duración |
1. | "In This Light and on This Evening" | 4:21 |
2. | "Bricks and Mortar" | 6:21 |
3. | "Papillon" | 5:24 |
4. | "You Don't Know Love" | 4:39 |
5. | "The Big Exit" | 4:44 |
6. | "The Boxer" | 4:40 |
7. | "Like Treasure" | 4:52 |
8. | "Eat Raw Meat = Blood Drool" | 4:53 |
9. | "Walk the Fleet Road" | 3:47 |
Canción extra no Xapón |
N.º | Título | Duración |
10. | "These Streets Are Still Home to Me" | 3:18 |
Cuttings II |
N.º | Título | Duración |
1. | "This House Is Full of Noise" | 6:22 |
2. | "I Want a Forest" | 3:59 |
3. | "A Life as a Ghost" | 4:33 |
4. | "Human" | 3:12 |
5. | "For the Money" | 5:54 |
Canción extra da edición belga (2010) |
N.º | Título | Duración |
10. | "No Sound But the Wind" (Live at Rock Werchter 2010) | 3:49 |