IndiGo , a enciclopedia libre
IndiGo é unha aeroliña de baixo custo india con sede en Gurgaon, no estado de Haryana. É a aeroliña máis grande do país en número de pasaxeiros transportados e tamaño de frota, co 40,9% do mercado doméstico en maio de 2018.[1] Tamén é a aeroliña low-cost individual máis grande de Asia en termos de frota de reactores e pasaxeiros, e a sétima aeroliña máis grande do continente cuns 46 millóns de pasaxeiros transportados en 2017. A compañía voa a 51 destinos, tanto domésticos como internacionais. Ten o seu centro de conexións principal no aeroporto Indira Gandhi de Delhi.[2]
IndiGo | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
![]() | |||
Instancia de | aeroliña e empresa de capital aberto ![]() | ||
Actividade | |||
Elemento operado | |||
Economía | |||
Bolsa de valores | Bolsa de Valores da Índia (pt) ![]() ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2005 ![]() | ||
Localización | |||
País | India ![]() | ||
Enderezo | Third floor, Emaar Capital Tower 2, Mehrauli - Gurgaon Road, Gurugram, Haryana – 122002 e Level 1, Tower C, Global Business Park, Mehrauli-Gurgaon Road, Gurgaon – 122 002, Haryana, India. ![]() | ||
Sede | Gurgaon (pt) ![]() ![]() | ||
Fontes e ligazóns | |||
Páxina WEB | goindigo.in ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A aeroliña fundouse en 2006 como unha compañía privada por Rahul Bhatia, de InterGlobe Enterprises, e Rakesh Gangwal, un expatriado indio baseado nos Estados Unidos. Recibiu o seu primeiro avión en xullo dese anos e comezou a operar un mes despois. A aeroliña converteuse na maior do país no ano 2012 e volveuse pública en novembro de 2015.[3]
Frota
editarEn xuño de 2018 a frota de IndiGo estaba formada polos seguintes avións:[4]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros[5] | Notas |
---|---|---|---|---|
Airbus A320-200 | 125 | — | 180 | |
Airbus A320neo | 35 | 370 | 180 | |
186 | ||||
Airbus A321neoLR | — | 25 | TBA | Entregas a partir de 2019[6] |
ATR 72-600 | 9 | 42 | 74[7] | 20 serán entregados en decembro de 2018[8] |
Total | 167 | 437 |
Notas
editar- ↑ DGCA (ed.). "Domestic Traffic Reports". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2018. Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ The Economic Times (ed.). "Wolfgang Prock-Schauer's latest assignment: Taking IndiGo on a long haul". Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ The Indian Express (ed.). "IndiGo listed on stock exchange, soars 15 per cent". Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "IndiGo Fleet Details and History". Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ IndiGo (ed.). "Aircraft and Routes". Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ Zee Business (ed.). "Will upgrading to A321 neo help IndiGo post better Q2FY17 numbers?". Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ Live Mint (ed.). "IndiGo said to get DGCA nod for modified regional planes". Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ IndiGo (ed.). "Indigo Financial Results" (PDF). Consultado o 27 de xuño de 2018.