Instagram , a enciclopedia libre

Instagram é unha rede social e aplicación para partillar fotos e vídeos. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como filtros, marcos, cores retro e vintage, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como Facebook, Tumblr, Flickr, Twitter ou Vkontakte. Unha característica distintiva da aplicación é que da unha forma cadrada ás fotrografías en honor á Kodak Instamatic e as cámaras Polaroid, contrastando coa relación de aspecto 16:9 que na actualidade usan a maioría das cámaras dos teléfonos móbiles.

Instagram


Instancia derede social, sitio web, servizo de aloxamento de imaxes, plataforma en liña de vídeo, comunidade en liña, plataforma en liña moi grande e plataforma de publicação (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Usofotografía dixital e artist's portfolio (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Aplicación oficialInstagram (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Licenzalicenza de propiedade e freeware Editar o valor en Wikidata
Produción
Formato de distribucióndescarga dixital Editar o valor en Wikidata
Características
Sistema operativoAndroid, iOS, Windows Phone, Windows 10 Mobile, Windows 10 e Windows 11 Editar o valor en Wikidata
PlataformaAndroid e iOS Editar o valor en Wikidata
Dispositivo de entradapantalla táctil Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Publicación6 de outubro de 2010 Editar o valor en Wikidata
Creación6 de outubro de 2010 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
1 de agosto de 2023 1 de novembro de 2023restrição de acesso (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aMeta Platforms Editar o valor en Wikidata
Fundador/aKevin Systrom e Mike Krieger Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aMicrosoft Store, Google Play e App Store Editar o valor en Wikidata
Creador/aKevin Systrom e Mike Krieger Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Blog oficialabout.instagram.com… Editar o valor en Wikidata
Páxina WEBinstagram.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: instagram Twitter: instagram Instagram: instagram LinkedIn: instagram Youtube: UCHQU99yKRd_BQVSci2MZ08w Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Instagram foi creada por Kevin Systrom e Mike Krieger e foi lanzada en outubro de 2010. A aplicación gañou popularidade de forma doada, con máis de 100 millóns de usuarios activos en abril do 2012 e superou os 300 millóns en decembro de 2014.[1] Instagram foi deseñada orixinalmente para iPhone e á súa vez dispoñíbel para os seus irmáns iPad e iPod co sistema iOS 3.0.2 ou superior. A principios de abril de 2012, publicouse unha versión para Android.

A partir da versión 4.0 a aplicación permite ao usuario a toma de filmes cunha duración máxima de 15 segundos. Esta nova ferramenta inclúe estabilización de imaxe.

Filtros

editar

Instagram identifícase polos seus coñecidos filtros os cales veñen de Polaroid que fan alusión a que foron tomadas polas mesmas.

  • Slumber
  • Crema
  • Ludwig
  • Aden
  • Perpetua
  • Amaro
  • Mayfair
  • Rise
  • Valencia
  • Hudson
  • Willow
  • X-Pro II
  • Lomo-fi/Lo-fi
  • Sierra
  • Earlybird
  • Sutro
  • Toaster
  • Brannan
  • Inkwell
  • Walden
  • Hefe
  • Nashville
  • 1977
  • Lord Kelvin/ Kelvin
  1. "Con 300 millones de usuarios, Instagram ya supera a Twitter". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2014. Consultado o 11 de decembro de 2014. 

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.