Interpol , a enciclopedia libre

A Organización Internacional de Policía Criminal, mundialmente coñecida pola súa sigla Interpol (en inglés: International criminal Police Organization), é unha Organización Internacional que axuda na cooperación de policías de distintos países. Foi creada en Viena, en Austria, o ano de 1923, polo xefe da policía vienense Johannes Schober, coa designación de Comisión Internacional de Policía Criminal.

Interpol

Tipoorganización intergobernamental, força de segurança (pt) Traducir, organización internacional, telegraphic address (en) Traducir, missing persons organization (en) Traducir e organización Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaorganización internacional Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa, lingua francesa, lingua castelá e lingua árabe Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Cargo dirixentePresident of Interpol (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente/aAhmed Naser Al-Raisi (pt) Traducir 25 de novembro de 2021 Editar o valor en Wikidata
Secretario/aJürgen Stock 7 de novembro de 2014 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaactividades extraterritoriais de organismos e corpos Editar o valor en Wikidata
Entidades
En sociedade conOrganización de Aviación Civil Internacional Editar o valor en Wikidata
Economía
Orzamento
  • 113000000 $ (2017) Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación7 de setembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°46′56″N 4°50′54″L / 45.78219, 4.84838
PaísFrancia Editar o valor en Wikidata
SedeLión Editar o valor en Wikidata
Área de operaciónmundial Editar o valor en Wikidata
Lugar de formaciónViena Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBinterpol.int Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: InterpolHQ Twitter: INTERPOL_HQ Instagram: interpol_hq LinkedIn: interpol Youtube: UCzY3w-5muWAUWIdCJ1EYuLw BNE: XX169203 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Entre 1938 e 1945 despois da anexión de Austria polo Terceiro Reich, a organización foi comandada por catro diferentes oficiais nazis da SS: Otto Steinhäusl, Reinhard Heydrich, Arthur Nebe e Ernst Kaltenbrunner[1], todos mortos durante a segunda guerra mundial ou executados como criminais de guerra ao fin do conflito.

Ten a súa sede en Lión (Francia),[1] adoptando o nome actual en 1956 e ten a participación de 188 países membros.

A sigla Interpol foi por primeira vez utilizada en 1946. A Interpol non se implica na investigación de delitos que non impliquen varios países membros ou crimes políticos, relixiosos e étnicos. Trátase dunha central de información para que as policías de todo o mundo poidan traballar integradas no combate ao crime internacional, o tráfico de drogas e os contrabandos.

Dende o 21 de novembro de 2018, o seu presidente é Kim Jong Yang, orixinario de Corea do Sur.[2]

Un exemplo da participación da Interpol nun caso é a desaparición de Madeleine McCann, unha rapaza inglesa que desapareceu nun cuarto de hotel nunha cidade portuguesa próxima á fronteira coa España. En setembro de 2011 a Interpol publicou mandado de prisión contra o entón Xefe de Estado de Libia, Muammar al-Gaddafi, durante as protestas en contra do Goberno.[3]

  1. 1,0 1,1 INTERPOL, ed. (12-11-2010). "History" (en español). Arquivado dende o orixinal (ASP) o 04-08-2011. Consultado o 10-09-2011. 
  2. "South Korean Kim Jong-yang Elected New Head of Interpol" (en inglés). Korean Broadcasting System. 21 de novembro de 2018. 
  3. La Voz de Galicia, ed. (08-09-2011). "Interpol emite ordes de detención contra Gadafi e un dos seus fillos" (HTM). Consultado o 10-09-2011.