Isabel Risco , a enciclopedia libre
Isabel Martínez-Risco Valdivieso, máis coñecida como Isabel Risco,[1] nada na Coruña o 7 de abril de 1975,[2] é unha actriz e humorista galega.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1975 ![]() A Coruña, España ![]() |
Educación | Universidade da Coruña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz ![]() |
Período de actividade | 2000 ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | isabelrisco.eu ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNaceu na Coruña, no seo dunha familia moi vencellada á cultura e ao nacionalismo galego.[3] Seu avó foi o xuíz e escritor Sebastián Martínez-Risco, e entre os seus parentes encóntranse entre outros Manuel Martínez-Risco, Vicente Risco e Marcelo Macías.[3] Estudou en escolas públicas da Coruña e tras rematar COU estudou Dereito na Universidade da Coruña, seguindo os pasos de seu avó e seu pai, o avogado Sebastián. Involucrada nos movementos estudantís,[4] militou no BNG dende os 18 anos,[3] ao tempo que cantaba no grupo de música Histerio Glauna Rabudo Bando e que xogaba ao rugby, deporte que practicou durante 11 anos nas filas do Zalaeta, co que participou na Liga Galega.[5]
Non chegou a acabar a rematar a carreira de Dereito, decantándose en vez diso pola súa verdadeira vocación, a interpretación, despois de se ter iniciado no teatro universitario en 1997. En 2005 graduouse en Pedagoxía Teatral, titulación propia da UDC da que só saíron dúas promocións de alumnos.[4] Formou parte da primeira compañía de pallasos de Galicia (Os sete magníficos máis un), participou en curtametraxes e en 2006 tivo o seu primeiro traballo na televisión, como reporteira do programa da Televisión de Galicia En pé de festa, presentado por María Solar.[4] A continuación participou tamén nos programas Zapping Comando, Pillados, Máxima audiencia.
Acadou fama entre o público galego cos seus traballos en Air Galicia e na serie A vida por diante, converténdose nos seguintes anos nun rostro habitual nas producións da televisión pública galega, case sempre en papeis cómicos. Participou nos programas O show dos Tonechos. Land Rober, Tourilandia, Ata a cociña, e nas series Padre Casares, O Nordés, Caseiros, Augas Quentes, Casa Manola entre outras. Polo seu papel de na serie Era visto! foi galardoada co Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria.[6]
Actuou tamén en cine, nos filmes Onde está a felicidade?, Os mortos van á présa e 9 ondas. Ademais traballou como presentadora de galas, contadora de contos e na radio. Como humorista e monologuista, percorreu Galicia cos espectáculos Nabiza Girl e Bravas. A nosa historia con saias e a rachar.[7]
O personaxe de Nabiza Girl foi levado ao cómic co título "As aventuras de Nabiza Girl, operación Breogán" (2023), con guión da propia Risco xunto con Carlos Ares, e ilustrado por Manel Cráneo.[8]
Política
editarMilitante do Bloque Nacionalista Galego, presentouse nas listas deste partido ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.[9]
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Mellor actriz secundaria | Era visto! | Gañadora |
Notas
editar- ↑ Ficha AVG, Consello da Cultura Galega
- ↑ "Isabel Risco: “Os galegos posuímos no humor outra grande riqueza”". Noticias de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Isabel Risco: "As ideas da miña familia acabaron por iluminarme o meu propio camiño"". Faro de Vigo. 13 de agosto de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2025.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Isabel Risco: “Os galegos posuímos no humor outra grande riqueza”". Consultado o 11 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Isabel Risco: “Fun cuarta na primeira Liga Galega de rugbi e eramos catro equipos”". DxT Campeón (en castelán). 13 de outubro de 2024. Consultado o 13 de outubro de 2024.
- ↑ "Isabel Risco gaña o Premio Mestre Mateo 2014 como Mellor Actriz de Reparto". 14 de abril de 2014. Consultado o 11 de xaneiro de 2025.
- ↑ Montenegro, Gloria. "Isabel Risco: "A historia das mulleres galegas está soterrada"". Nós Diario. Consultado o 2021-04-20.
- ↑ Diario, Nós (2023-02-27). "Nabiza Girl é agora protagonista dun cómic de aventuras". Nós Diario. Consultado o 2025-06-01.
- ↑ "A actriz Isabel Risco na lista do BNG". La Voz de Galicia. 30 de xaneiro de 2014. Consultado o 13 de abril de 2014.