Javier Piñeiro , a enciclopedia libre
Javier Piñeiro Pérez, nado en Caldas de Reis, é un expiloto galego de rally. Foi campión de Galicia de rally na tempada 1997.[1] Competiu tamén no Campionato de España, onde gañou o Trofeo Citroën no ano 2000.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX ![]() Caldas de Reis, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally ![]() |
Deporte | rally ![]() |
É irmán do tamén expiloto Fernando Piñeiro.[3]
Traxectoria
editarComezou a destacar na tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally, pilotando un Peugeot 205. En 1991, cun Renault Clio 16V, logrou dous segundos postos, no Rally de Vigo e o Rally Mil Vistas, e gañou a Copa Renault Clio.[4] En 1992 correu cun Lancia Delta Integrale 16V e en 1994 logrou no Rally de Noia a súa primeira vitoria, conducindo un Clio.
Tamén cun Clio proclamouse campión galego en 1997 despois de lograr catro vitorias e un segundo posto nas cinco primeiras carreiras. Na tempada seguinte disputou o Campionato de España co mesmo vehículo e en 1999 fixo o propio cun Citroën Saxo VTS.[5]
Palmarés
editarResultados no Campionato de Galicia
editarAno | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1991 | Renault Clio 16V | SIL 6 | NOI 5 | LAC | OUR | BOT | RBX 9 | COR | VIG 2 | SFR 5 | RMV 2 | FER | ||
1992 | Lancia Delta Integrale 16V | ALB 4 | NOI 4 | LAC | FER | RBX 2 | COR 4 | OUR Ret | RMV | |||||
1994 | Renault Clio Williams | ALB | NOI 1 | FER 4 | OUR Ret | SFR 9 | RMV | NAR Ret | RBX Ret | LAC 6 | BOT | COR | ||
1995 | Citroën ZX 16V | ALB 2 | NOI 3 | LAC 4 | OUR 28 | BOT 5 | NAR 7 | RBX 3 | SFR | COR | FER | |||
1997 | Renault Maxi Clio | NOI 1 | BOT 1 | LAC 2 | NAR 1 | COC 1 | ALB 3 | FER | 1º | |||||
1998 | Renault Maxi Clio | NOI | BOT | COC | NAR | ALB 1 | FER | LAC | ||||||
1999 | Citroën Saxo VTS | COC | BOT 2 | NAR | ALB | LUG | FER | NOI |
Notas
editar- ↑ "Piñeiro, campeón". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de agosto de 1997. p. 56.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2000" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020.
- ↑ "El «rompe-medias»" (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020.
- ↑ "El joven piloto de rallies Javier Piñero presentó ayer a su equipo oficial". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de maio de 1992.
- ↑ "Resultados de Javier Piñeiro". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 4 de agosto de 2020.