Johann Elert Bode , a enciclopedia libre
Johann Elert Bode, nado en Hamburgo o 19 de xaneiro de 1747 e finado en Berlín o 23 de novembro de 1826, foi un astrónomo alemán.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1747 ![]() Hamburgo, Alemaña ![]() |
Morte | 23 de novembro de 1826 ![]() Berlín, Alemaña ![]() |
Director de tese | Johann Georg Büsch ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía ![]() |
Ocupación | astrónomo, profesor universitario ![]() |
Membro de | Royal Society (1789–) Accademia Nazionale delle Scienze detta dei XL Academia de Ciencias de Baviera Sociedade Científica de Cracovia Academia de Ciencias de Rusia Real Academia das Ciencias de Suecia Academia das Ciencias de San Petersburgo Academia Prusiana das Ciencias Academia de Ciencias de Gotinga ![]() |
Obra | |
Doutorando | Johann Friedrich Pfaff e Johann Georg von Soldner ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarA pesar de ser un grande observacionista, a súa carreira viuse inmersa nunha interminable serie de polémicas pola precedencia dos seus descubrimentos. En 1768 publicou o libro Anleitung zur Kenntniß des gestirnten Himmels, na segunda edición, de 1772, nunha nota a pé de páxina incluíu unha lei empírica sobre distancias planetarias formulada por Johann Daniel Titius[1], que hoxe se coñece como Lei de Titius-Bode.
Foi tamén un gran descubridor e catalogador de obxectos do espazo profundo, como nebulosas e cúmulos globulares. Descubriu as galaxias M81 e M82 en 1774 e a M54 ao ano seguinte. A lista dos obxectos atopados por primeira vez por Bode é moi ampla e entre elas atópanse o cúmulo globular M92, a galaxia M64, os cúmulos abertos M48 e IC 4665 e o cometa C1779A1Bode.
Dende 1787 ata 1825 Bode foi o director do Astronomisches Rechen-Institut. En 1794 foi elixido membro estranxeiro da Real Academia Sueca das Ciencias (Kungliga Vetenskapsakademien). En abril de 1789 sería elixido membro da Royal Society.
Bode morreu en Berlín o 23 de novembro de 1826 aos 79 anos de idade.
Notas
editar- ↑ Johann Elert Bode en The Munich Astro Archive, consultado o 26 de decembro de 2009