Julia Benedetti , a enciclopedia libre
Julia Benedetti González, nada na Coruña o 25 de setembro de 2004,[1] é unha deportista galega que compite en monopatinaxe. Participou nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.[2]
Nome orixinal | Julia Benedetti González |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de setembro de 2004 (20 anos) A Coruña |
Actividade | |
Ocupación | patinadora de monopatín ![]() |
Nacionalidade deportiva | España ![]() |
Deporte | Monopatinaxe |
Participou en | |
4 de agosto de 2021 | Skate nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Park feminino (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEn 2018, con só 14 anos, disputou o seu primeiro campionato mundial absoluto de monopatinaxe na cidade chinesa de Nanjing, e ao ano seguinte conseguiu a clasificación para os Xogos Olímpicos de Toquio.[3]
Con só 16 anos entrou na historia dos Xogos Olímpicos ao ser unha das 20 deportistas en disputar a proba de parque na estrea do monopatinaxe como deporte olímpico. Sufriu unha caída en cada un dos tres exercicios que realizou, polo que obtivo unha baixa puntuación e non puido clasificarse para a final. Rematou no posto 16º.[4][5]
Tras conseguir unha bolsa na Residencia Blume instalouse en Madrid, onde compaxinou os seus adestramentos cunha Enxeñaría en Matemáticas.[3] En xuño de 2024 clasificouse para os seus segundos Xogos, ao acadar a 18ª posición no torneo preolímpico de Budapest.[6]
Notas
editar- ↑ "Julia Benedetti, tan promesa como realidad" (en castelán). 8 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2021. Consultado o 25 de xullo de 2021.
- ↑ Varela, María (13 de xullo de 2021). "Julia Benedetti: “El objetivo era clasificarme, así que a Tokio voy a disfrutar y hacerlo bien”". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 25 de xullo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 Alonso, Paulo (18 de marzo de 2024). "Julia Benedetti: «El skate sigue siendo un hobby, lo principal es estudiar»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2024.
- ↑ "A benxamina da delegación galega, Julia Benedetti, acaba no posto 16". CRTVG. 4 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "La skater gallega Julia Benedetti se queda sin medalla en sus primeros Juegos Olímpicos" (en castelán). 4 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "La coruñesa Julia Benedetti se clasifica para los Juegos Olímpicos de París" (en castelán). 20 de xuño de 2024. Consultado o 23 de xuño de 2024.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Datos da deportista Arquivado 27 de xullo de 2021 en Wayback Machine. en olympics.com (en inglés).
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |