LEGO , a enciclopedia libre
LEGO é a denominación que se dá a unha serie de xoguetes que teñen como elemento principal uns bloques de plástico interconectábeis. A compañía Lego System A/S, a súa fabricante, ten base en Billund, Dinamarca. Foi fundada no ano 1916 polo carpinteiro Ole Kirk Christiansen e dende 1934 pasou a chamarse LEGO, coa contracción das palabras dinamarquesas "LEg GOdt" (xogue ben).
LEGO | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | marca comercial ![]() |
Parte de | Danish Culture Canon (en) ![]() ![]() |
Historia | historia de Lego e cronoloxía de Lego ![]() |
Obra derivada | A Lego película, LEGO Worlds (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Produción | |
País de orixe | Dinamarca ![]() |
Fabricante | LEGO ![]() |
Datas e localizacións | |
Creación | 1949 ![]() |
Persoas e organizacións | |
Inventor/a | Ole Kirk Christiansen ![]() |
Composto por | |
Composto por
| |
Contacto | |
Páxina WEB | lego.com… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |


Historia
editarOle Kirk Christiansen abriu un taller en 1916 que funcionou como obradoiro ordinario até 1932 cando empezou a facer xoguetes de madeira. En 1947 foi creado o primeiro xoguete de plástico.
En 1939 tiña 10 empregados. En 1943 xa traballaban na empresa unhas 40 persoas, que pasaron a 50 en 1948. En 1965 comezaron a distribuír os seus produtos en España, e en 1966 xa vendían en 42 países. En 1974 formouse a división LEGO España. En 1983 tiña 3 700 empregados a nivel mundial, que pasaron a 7 550 en 1991. En 1996 creouse a páxina web lego.com[1].
Notas
editar- ↑ "LEGO.com". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 19 de xuño de 2009.