Leite vexetal , a enciclopedia libre
O leite vexetal[1] é unha bebida que procede dunha fonte vexetal de aspecto e propiedades nutricionais semellantes ao do leite de orixe animal que se emprega como substituto deste en dietas especiais, especialmente vexetarianas e veganas.
Leite vexetal | |
---|---|
![]() | |
Subclase de | bebida de leite, alimento de origem vegetal (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ingredientes | |
planta ![]() | |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Elabóranse con froitos secos, cereais e sementes de legumes, tendo un aspecto semellante ao do leite de orixe animal. A variedade máis popular é a bebida de soia. Hai diversas razóns para consumir "leite" de orixe vexetal, como: a intolerancia á lactosa, crenzas relixiosas, veganismo. A respecto das propiedades nutricionais hai desconformidade na comunidade científica en comparación co leite animal.
"Leites" de cereais
editar- Bebida de arroz
- Bebida de avea
- Bebida de quinoa
- Bebida de centeo
- Bebida de orxo
- Bebida de chícharo
- Bebida de chícharo de raposo
- Bebida de cacahuete
- Bebida de soia
"Leites" de froitos secos
editar- Bebida de améndoa
- Bebida de anacardio
- Bebida de abelá
- Bebida de coco
- Bebida de noces
"Leites" de sementes
editar- Bebida de cánabo
- Bebida de semente de xirasol
- Bebida de semente de sésamo
- Bebida de amaranto