Lewis Binford , a enciclopedia libre
Lewis Roberts Binford, nado o 21 de novembro de 1931, e finado o 11 de abril de 2011, foi un arqueólogo norteamericano, que revolucionou a arqueoloxía co desenvolvemento da etnoarqueoloxía, como parte do movemento coñecido como "Nova arqueoloxía". A contribución de Binford á arqueoloxía é máis teórica que práctica, partidario do concepto de procesualismo, que afirma que un sitio arqueolóxico non pode ser totalmente comprendido, sen comprender como fora creado, e que aínda que os xacementos conservan elementos do pasado, o rexistro arqueolóxico é un rexistro contemporáneo, e o que se afirme sobre nel non é histórico e dá unha especial importancia á investigación etnolóxica para coñecer o pasado.
Obras
editar- New Perspectives in Archaeology (1968)
- Nunamiut Ethnoarchaeology (1978)
- Bones: Ancient Men & Modern Myths (1981)
- In Pursuit of the Past: Decoding the Archaeological Record (1983)