Linguaxe ensambladora , a enciclopedia libre

A linguaxe ensambladora (en inglés assembler ou assembly language) é a linguaxe de programación que comparte as instrucións co código máquina, aínda que o ensamblador esta en formato lexible para o ser humano, mentres que o código máquina é unha secuencia de bytes. Hai, en certa medida, unha relación biunívoca (1 a 1) entre un código máquina, específico dunha arquitectura de computador, e o ensamblador asociado a el. O compilador, que converte o ensamblador en código máquina, fai certos engadidos que implican que esa relación non sexa exactamente biunívoca mais preto de selo.

Linguaxe ensambladora

Instancia delinguaxe de programación Editar o valor en Wikidata
Subclase denon-structured programming language (en) Traducir e Linguagem de programação de baixo nível (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra derivadaGNU Assembler (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Paradigma de programaciónprogramação não estruturada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Extensión de ficheiroasm e s Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Creación1949 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Cada arquitectura de computador ten o seu código máquina propio e, polo tanto, a súa linguaxe ensambladora específica. Cada linguaxe ensamblador ten un número e tipo de operacións específico. Tamén pode ter diferentes tamaños de memoria e número de rexistros.