Lintel , a enciclopedia libre
Lintel, lumieira, cargadeiro, cargadoiro, cubrición ou padieira[1] é un elemento estrutural horizontal, que salva un espazo libre entre dous apoios. É o elemento superior que permite abrir ocos nos muros para conformar portas e xanelas. Pode ser feito de diversos materiais.

No centro do lintel é onde a peza experimenta as maiores tensións, sendo estas de compresión na cara superior, e de tracción na inferior. Os materiais ríxidos, como as rochas, soportan peor os esforzos a tracción, polo que a patoloxía máis habitual nos linteis pétreos son as fisuras que xorden desde a cara inferior.
Os mellores expoñentes de arquitectura con lintel son os edificios monumentais do antigo Exipto e a Grecia clásica.
Galería de imaxes
editar- Lintel con caracteres góticos e escudo heráldico sobre dúas ventás, na igrexa de San Pedro Fiz de Hospital do Incio.
- O Stonehenge está formado unha serie de xambas dunha peza verticais que sosteñen un lintel.
- Esquema de estrutura con lintel.
- Lintel marcado (como lumieira).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Soarego ou limiar
- Soleira
- Tornachuvias
- Xamba
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lintel.