Lockheed C-5 Galaxy , a enciclopedia libre
O Lockheed C-5 Galaxy é un grande avión de transporte militar fabricado por Lockheed. Proporciónalle á Forza Aérea dos Estados Unidos unha capacidade de transporte pesado de alcance intercontinental, permitíndolle levar cargas de gran tamaño. O Galaxy ten moitas semalanzas co seu predecesor C-141 Starlifter, e o posterior C-17 Globemaster. O C-5 is among the largest military aircraft in the world.
Lockheed C-5 Galaxy | |
---|---|
![]() | |
Tipo | familia de aeronaves ![]() |
Subclase de | airlifter monoplane (en) ![]() ![]() |
Uso | transporte aéreo tático (pt) ![]() ![]() |
Produción | |
País de orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Fabricante | Lockheed Martin e Lockheed ![]() |
Total producido | 131 ![]() |
Configuración da á | high wing (en) ![]() ![]() |
Datas | |
Entrada en servizo | xuño de 1970 ![]() |
Primeiro voo | 30 de xuño de 1968 ![]() |
Dimensións | |
Altura | 19,84 m ![]() |
Lonxitude | 75,3 m e 75,54 m ![]() |
Envergadura | 67,89 m e 67,88 m ![]() |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | Lockheed ![]() |
Operador/a | |
[ Wikidata ] [ Commons ] |
O C-5 Galaxy tivo un desenvolvemento complicado; houbo sobrecustos significativos e Lockheed tivo randes problemas financeiros. Pouco despois de entrar en servizo, foron descubertas fracturas nas ás en moitos avións e a capacidade da frota de C-5 viuse limitada ata que os erros foron corrixidos. O C-5M Super Galaxy é unha versión mellorada con novos motores e aviónica modernizada deseñados para estender a súa vida útil máis alá do ano 2040.
O C-5 Galaxy leva operando coa USAF dende 1969. En todo este tempo usouse para apoiar as operacións militares dos Estados Unidos en todos os grandes conflitos incluídos Vietnam, Iraq, Iugoslavia e Afganistán; ademais de apioar aos seus aliados, como a Israel durante a Guerra do Yom Kippur e á OTAN nas operacións da Guerra do Golfo. O C-5 tamén foi usado para distribuír axuda humanitaria e en catástrofes naturais, e apoiando ao programa do transbordador espacial dirixido pola NASA.