Louis Vuitton , a enciclopedia libre

Louis Vuitton Malletier, fundada en 1854 por Louis Vuitton, é unha empresa francesa de marroquinería de luxo especializada en artigos de viaxe, que vende a través de boutiques independentes, departamentos en almacéns de alta gama e a través da súa páxina web.[1] Dende a entrada de Marc Jacobs na compañía, posúe tamén coleccións de prêt-à-porter e complementos de luxo. En 2017, a súa valoración de marca foi de 29 242 millóns de USD, o que fai que sexa a marca de luxo mais valiosa do mundo segundo a clasificación de BrandZ.​ É o principal patrocinador da Copa América. Posúe 445 tendas en 62 países.[2]

Louis Vuitton


Tipocasa de moda Editar o valor en Wikidata
EpónimoLouis Vuitton Editar o valor en Wikidata
Parte deLVMH Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicasociété par actions simplifiée Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aLVMH Editar o valor en Wikidata
Fundador/aLouis Vuitton Editar o valor en Wikidata
MatrizLVMH Editar o valor en Wikidata
Actividade
IndustriaQ112165707 Traducir Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1854 e 1 de xaneiro de 1980 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísFrancia Editar o valor en Wikidata
SedeParís e París Editar o valor en Wikidata
Lugar de formaciónParís Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBlouisvuitton.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: LouisVuitton Twitter: LouisVuitton Instagram: louisvuitton LinkedIn: louis-vuitton Snapchat: louisvuitton Youtube: UC5q0PIKGr2lGOsiT14AlEYg Pinterest: louisvuitton TikTok: louisvuitton Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

Historia

editar

En 1937, aos 16 anos, Louis Vuitton múdase a París, procedente dunha pequena vila francesa situada nos límites con Suíza, buscando maiores oportunidades para traballar e saír adiante.

Por aquela época os medios de transporte mais comúns eran as carrozas tiradas por cabalos, os trens e os barcos, pero debido á rudeza de ditos transportes os obxectos das persoas sufrían constantemente avarías e danos, polo que os artesáns da madeira estaban moi requiridos para crear elementos para protexer e transportar obxectos de valor.  Foi así que ao longo de 17 anos Louis desenvolveu distintos modelos de maletas buscando un estilo único e de alta calidade, o que lle permitiu abrir a súa primeira tenda propia no número 4 da Rue Neuve des Capucines, preto da Place Vendôme.

En 1859 ábrese o Atelier, que era o taller onde se facían a man os bolsos e maletas deseñadas por Louis e que ao mesmo tempo se converteu na casa da súa familia. En 1986 o fillo de Louis, Georges creou a famosa lona monogram, coa cal buscaba diferenciarse doutras marcas, a lona foi patentada ao ano seguinte e en 1905 rexístrase como marca.[3]

En 2004 a marca celebrou o seu 150 aniversario, inaugurando ese mesmo ano tendas en Nova York (na Quinta Avenida), São Paulo, Cidade de México, Cancún, Xohanesburgo e a súa primeira tenda global en Shanghai.

Campañas publicitarias

editar

A compañía busca ter seguidores famosos; modelos, músicos e actores recoñecidos a nivel mundial como Jennifer Lopez, Keith Richards, Madonna, Sean Connery, Angelina Jolie, David Bowie ou incluso o antigo líder da URSS, Mikhail Gorbachev,[4] apareceron para as súas campañas de publicidade. Os seus anuncios adoitan saír impresos en revistas e en valados publicitarios de cidades cosmopolitas.

Galería

editar
  1. "Legal Notice". Louis Vuitton. Archived from the original on 01 de maio de 2011. 
  2. "«En Louis Vuitton no hemos notado la crisis y nunca hacemos rebajas»". ABC (en castelán). 
  3. Lopera, Esteban. "Historia de marca: Louis Vuitton". Expertos en marca (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2018. 
  4. "Louis Vuitton Ad Shows Gorbachev Accompanied by Subversive Text". The New York Times (en inglés). 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar