Mámoas do Chan da Cruz , a enciclopedia libre
As mámoas do Chan da Cruz son unha necrópole megalítica composta por seis mámoas, situada no concello de Vilaboa, a uns 234 metros sobre o nivel do mar. Realizáronse tres campañas arqueolóxicas en 1972, 1982 e 1983, da man do Museo de Pontevedra.
Mámoas do Chan da Cruz | ||||
---|---|---|---|---|
Vilaboa ![]() | ||||
Tipo | dolmen ![]() | |||
Parte de | Chan de Castiñeiras ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | Vilaboa ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Campañas arqueolóxicas
editarA primeira referencia é de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, que en 1950 estudou e excavou en diversos lugares do Morrazo. Catalogou unha mámoa, situada na marxe esquerda da estrada que conduce ao CIR de Figueirido.[1] Posteriormente, Alfredo García Alén atopou un total de oito.
En 1972 realizouse unha escavación de urxencia sobre unha mámoa, centrándose no cráter de espolio. As campañas posteriores exploraron o resto da mámoa.
Campaña de 1972
editarAtopáronse catro mámoas, situadas nun outeiro de pendente suave, na que non se apreciaban aflloracións graníticas, agás no cumio. A superficie estaba inzada de pequenos fragmentos de cuarzo. Excavouse a mámoa que estaba en mellor estado de conservación, que presentaba no centro un cráter circular feito por espoliadores, de case tres metros e medio de diámetro, corenta centímetros de fondo. A altura do túmulo é de 80 centímetros.
No mesmo lugar atopouse un enxoval consistente en oito puntas de frecha, un machado pulimentado, un pulidoiro, unha man de muíño, dúas albardas e tres fragmentos cerámicos.
Campañas de 1982 e 1983
editarDurantes estas campañas atopáronse un total de seis mámoas, dúas máis que na escavación do 1972. Os seusi túmulos presentaban mostras claras de saqueos pero diferenciábanse no dano que estes provocaron na súa estrutura.
Dous dos túmulos, os situados na zona máis alta, son os que se conservan en mellores condicións. O outeiro onde se atopa o maior deles presenta forma arredondada con pendente suave. No cumio existen existen afloramentos graníticos, mentres que no chan natural, baixo o túmulo, observáronse afloramentos de esquistos, que foron utilizados para a elaboración do chan base do monumento.
Hai outros dous túmulos coa zona central desfeita e comunicada ao exterior mediante unha gabia, indicio probábel de extracción das pedras que constituían os dólmens.
A quinta das mámoas está case desaparecida polo efecto das roturacións efectuadas para a plantación de eucaliptos.
A sexta das mámoas perdeu varias partes da súa masa tumularia ao ser cruzada por varios regos ou camiños. Este túmulo conserva a zona central retida por unha árbore.
Notas
editar- ↑ "MÁMOAS DE CHAN DA CRUZ" (PDF). terrasdepontevedra.org. Consultado o 5 de maio de 2025.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mámoas do Chan da Cruz |
Bibliografía
editarLigazóns externas
editar- Mámoa de Chan da Cruz 1 na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Mámoa de Chan da Cruz 2 na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.