Músculo maseter , a enciclopedia libre
O músculo maseter[1][2][3] é un músculo da faciana, que se atopa na superficie externa no óso maxilar inferior. Trátase dun músculo curto, con tres planos: superficial, medio e profundo.
Músculo maseter | |
---|---|
musculus masseter masseter ![]() | |
![]() | |
Instancia de | clase de entidade anatómica e tipo de órgano muscular quiral ![]() |
Subclase de | músculo da mastigación e entidade anatómica particular ![]() |
Parte de | músculo da mastigación ![]() |
Irrigado por | arteria masetérica ![]() |
Drenado por | vea masetérica ![]() |
Inervado por | nervio mandibular ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
Identificadores | |
MeSH | D008406 ![]() |
Terminologia Anatomica 98 | A04.1.04.002 |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Insercións do maseter
editarA nivel superior, este músculo insírese no arco cigomático.
A nivel inferior, insírese na mandíbula, na súa superficie externa.
Relacións
editarA superficie interna deste músculo relaciónase cun paquete vasculonervioso, o maseterino. Tamén está en contacto coa apófise coronoide do maxilar inferior e co músculo buccinador e coa bolsa adiposa de Bichat.
A superficie externa relaciónase cos vasos que percorren a faciana: arteria transversa da faciana. Tamén cos músculos cutáneos da faciana e co conduto de Stenon, procedente da glándula parótide.
Innervación e vascularización
editarÉ innervado por unha rama colateral do nervio mandibular ou terceira rama do trixémino (V3), e vascularizado pola arteria masetérica, rama da maxilar interna.
Función
editarÉ un dos músculos mastigadores, cuxa acción é a de elevar a mandíbula e levala cara a atrás.
Notas
editar- ↑ "Dicionario; maseter". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-21.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-05-21.[Ligazón morta]
- ↑ "Dicionario galego de termos médicos; maseter. páx. 457" (PDF). DXPL. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2021. Consultado o 21 de maio de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Músculo maseter |