Mercosur , a enciclopedia libre

Mercosul ou Mercosur (en portugués: Mercado Comum do Sul; en español: Mercado Común del Sur; en guaraní: Ñemby Ñemuha; en galego: Mercado Común do Sur) é o programa de integración económica de cinco países da América do Sur: Arxentina, Brasil, Paraguai, Uruguai e Venezuela.

Mercosur

Nome curtoMERCOSUL e MERCOSUR Editar o valor en Wikidata
Tipoorganización intergobernamental, organización rexional e unión aduaneira Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua guaraní, lingua portuguesa e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Bandeira
Persoas e organizacións
Cargo dirixentePresidencia temporal rotativa do Mercosur Editar o valor en Wikidata
Fundador/aArxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai Editar o valor en Wikidata
Autoridade executivaConsello do Mercado Común Editar o valor en Wikidata
Economía
MoedaPeso arxentino, Real brasileiro, Guaraní e Peso uruguaio Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación26 de marzo de 1991 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
Participou enacordo de libre comercio entre Mercosur e Asociación Europea de Libre Comercio, Acordo comercial Mercosur-Unión Europea e Acordo de Complementario Económica No. 55 Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 34°54′51″S 56°10′17″O / -34.91406, -56.17136
SedeMontevideo Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBmercosur.int Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: mercosur1991oficial Twitter: mercosur Instagram: mercosurint LinkedIn: mercosur Youtube: UCGWf1myDa4dohB72UdjYLJA Flickr: 159748274@N06 BNE: XX139975 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]
Mercosur
Mercosur 2005

Historia e características

editar

As discusións para a constitución dun mercado económico rexional para a América Latina remontan ao tratado que estableceu a Asociación Latinoamericana de Libre Comercio (ALALC) desde a década de 1960. Ese organismo foi sucedido pola Asociación Latinoamericana de Integración (ALADI) na década de 1980. Nesa época, a Arxentina e o Brasil fixeran progresos na materia, asinando a Declaración de Iguazú (1985), que establecía unha comisión bilateral, á cal seguiu unha serie de acordos comerciais no ano seguinte. O Tratado de Integración, Cooperación e Desenvolvemento asinado entre ambos os países en 1988 fixou como meta o establecemento dun mercado común, ao cal outros países latinoamericanos poderían se unir.

Coa adhesión de Paraguai e do Uruguai, os catro países tornáronse signatarios do Tratado de Asunción (1991) que establecía o Mercado Común do Sur, unha alianza comercial tendente a dinamizar a economía rexional, facendo circular entre si mercadorías, persoas, forza de traballo e capitais.

Inicialmente estableceuse unha zona de libre comercio, onde os países signatarios non tributarían ou restrinxirían as importacións recíprocas. A partir do 1 de xaneiro de 1995, esta zona de libre comercio converteuse nunha unión aduaneira, na cal todos os signatarios poderían cobrar as mesmas cotas nas importacións dos demais países (Tarifa Externa Común). No ano seguinte, Bolivia e Chile adquiriron o status de membros asociados. Chile atópase en proceso de adquisición do status de membro pleno despois de resolver algúns problemas territoriais coa Arxentina. Outras nacións latinoamericanas, como Venezuela, manifestaron interese en entrar no grupo, o que aínda non se concretou.

As institucións integrantes do Mercosur, definidas polo Tratado de Asunción, foron revistas polo Protocolo de Ouro Preto, en 1994. Por el, cada país membro ten un voto e as decisións necesitan ser unánimes. Tres son as instancias decisorias: un Consello (con funcións políticas), un Grupo (con funcións executivas) e unha Comisión Técnica.

Moitos suramericanos ven o Mercosur como unha arma útil contra a influencia dos Estados Unidos na rexión, tanto na forma da Área de Libre Comercio das Américas como na de tratados bilaterais. Mais o Mercosur foi significativamente enfraquecido polo colapso da economía arxentina en 2002. Algúns críticos consideran que a negativa de axuda do goberno Bush á Arxentina estivo baseada no seu desexo de acabar co Mercosur, xa que, teoricamente, os EUA ven a iniciativa deste mercado como un problema para a súa estratexia político-económica para a América Latina. Porén, é máis probábel que os Estados Unidos non axudasen a Arxentina, pois o país latinoamericano non tiña confiabilidade nos mercados internacionais, dando calotes regularmente.

A partir de xullo de 2004 tivo lugar unha nova rolda de negociacións, na que se discutiron, entre outros asuntos, a entrada de México no grupo. Como resultado, o 8 de decembro de 2004 os países membros asinaron a Declaración de Cuzco, que lanzou as bases da Comunidade Suramericana de Nacións, entidade que unirá o Mercosur e o Pacto Andino nunha zona de libre comercio continental.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar