Memoria diversa , a enciclopedia libre
Memoria diversa é unha obra de divulgación en lingua galega que contén unha ducia de testemuños do colectivo LGTB galego recollidos pola xornalista e escritora Eva Mejuto e con fotografías de Carme Cerviño, publicada pola Deputación da Coruña en marzo de 2022. A publicación da obra naceu como complemento ao Congreso Memoria Diversa,[1] organizado pola Deputación no pazo de Mariñán en xuño de 2021, evento que se converteu nun encontro recorrente, con edicións, cando menos, en 2022[2] e 2024.[3]
Memoria diversa | |
---|---|
Tipo | obra literaria ![]() |
Xénero artístico | divulgación ![]() |
Linguas | |
Autoría | |
Autor/a | Eva Mejuto ![]() |
Publicación | |
Editorial | Deputación da Coruña ![]() |
Edicións
| |
Premios | |
Premios | |
[ Wikidata ] |
Sinopse
editarEsta obra recupera e reivindica a diversidade e a memoria histórica LGBTBIQA+ galega,[4] nunha historia común de represións e silencios, pero tamén de celebracións e conquistas, documentando a actividade dos colectivos e activistas de Galicia e acompañando as voces representadas, de maior ou menor perfil público, con material gráfico (imaxes, carteis, folletos, revistas, manifestos etc.).
Pretende ademais alertar sobre a situación actual do colectivo, onde as persoas entrevistadas manifestan temor a perder os dereitos conseguidos, especialmente no referido ao colectivo trans.[5]
Protagonistas
editarAs voces recollidas neste libro son:
- Laura Bugalho
- Nacha María Sánchez
- Fito Ferreiro Seoane
- Braulio Vilariño
- Carmen López Picón
- Guillermina Domínguez Touriño
- Itos Domínguez
- Nanina Santos Castroviejo
- Lois Diéguez Vázquez
- Trinidad Falcés
- Vicente Montoto
- María Xosé Queizán
Premios
editar- Premios Follas Novas do Libro Galego á mellor obra de divulgación no 2023.[6]
Notas
editar- ↑ culturagalega.org (2021-06-17). "Unha xornada reivindica a memoria dos movementos LGTBIQA+". culturagalega.org. Consultado o 2025-05-15.
- ↑ "A Deputación celebra o Día da Diversidade cun congreso e o documental “Noite irisada” (con proxeccións en Noia, Rianxo, A Pobra e Ribeira)". O Barbanza. 2022-06-10. Consultado o 2025-05-15.
- ↑ "III Congreso Memoria Diversa". www.dacoruna.gal. Consultado o 2025-05-15.
- ↑ Diario, Nós (2021-07-01). "Eva Mejuto: "As entrevistadas resaltan que, malia os avances, a igualdade do colectivo LGTBIQA non é real"". Nós Diario. Consultado o 2025-05-15.
- ↑ "A memoria LGTBI en Galicia. Os espazos que vertebraron e vertebran a disidencia sexual". Vinte. 2023-01-03. Consultado o 2025-05-15.
- ↑ culturagalega.org (2023-04-24). "Os nomes femininos predominan no palmarés dos galardóns do sector do libro". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2025-05-15.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Presentación do libro (en Youtube)
- Reportaxe televisiva sobre o libro (na páxina web da RTVG)