Michael Anderson , a enciclopedia libre

Michael Joseph Anderson, nado en Londres (Inglaterra) o 30 de xaneiro de 1920 e finado en Vancouver (Canadá) o 25 de abril de 2018,[1] foi un director de cine británico, coñecido por filmes como A volta ao mundo en oitenta días (polo que foi candidato ao Óscar) e Logan's Run.

Modelo:BiografíaMichael Anderson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Michael Joseph Anderson Editar o valor en Wikidata
30 de xaneiro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte25 de abril de 2018 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Vancouver, Canadá Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme, televisión, produción de cinema e produción de televisión Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, director de televisión, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1949 Editar o valor en Wikidata - 1999 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAdrienne Ellis (1977–2018) Editar o valor en Wikidata
FillosMichael Anderson Jr. Editar o valor en Wikidata
PaiLawrence Anderson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0027183 Allocine: 53940 Allmovie: p79635 TCM: 523035 TV.com: people/p79635 BNE: XX1295537 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Anderson naceu nunha familia do mundo do teatro. Os seus pais foron Lawrence e Beatrice Anderson e a súa tía avoa (Mary Anderson) foi a primeira actriz que tivo un teatro co seu nome en Louisville, Kentucky.

Logo de servir na segunda guerra mundial, comezou no cinema británico, debutando en 1949 con Private Angelo. A este, seguiron filmes como Waterfront Women (1950), o filme bélico The Dam Busters (1954) e a adaptación ao cinema da novela de George Orwell Nineteen Eighty-Four.

A fama chegoulle sobre todo por A volta ao mundo en oitenta días, adaptación da novela homónima de Jules Verne, que foi un éxito de público e que lle valeu unha candidatura ao Óscar á mellor dirección. Tralo éxito do filme, instalouse en Hollywood, mais as súas obras posteriores non chegaron ao éxito desta. Entre estas destacaron As sandalias do pescador (1968) Doc Savage: The Man of Bronze (1975), Logan's Run (1976) ou Orca (1978).

Posteriormente, participou na realización de miniseries como The Martian Chronicles ou Sword of Gideon.

Vida privada

editar

Anderson casou en tres ocasións:

Anderson faleceu o 25 de abril de 2018 aos 98 anos de causas naturais.[2]

Filmografía

editar
  1. Roures, Juan (28 de abril de 2018). "Muere Michael Anderson, el director candidato al Oscar más antiguo". La Opinion. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  2. Fox News
  3. Coprodución entre Hammer Films e Toho Company Ltd. O proxecto foi cancelado durante a preprodución despois de que se imprimise e publicase material promocional en revistas como Variety.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar