Michael Jackson's Ghosts , a enciclopedia libre
Michael Jackson's Ghosts é un filme musical dirixido por Stan Winston que se estreou en 1997. Está protagonizado por Michael Jackson, que tamén co-escribiu o guión co novelista de terror Stephen King. Foi estreado internacionalmente en LaserDisc, VHS e Vídeo CD. Jackson interpreta un total de cinco papeis diferentes.
Michael Jackson's Ghosts | |
---|---|
Tipo | curtametraxe ![]() |
Xénero artístico | cinema musical e cinema de terror ![]() |
Lingua orixinal | lingua inglesa ![]() |
Autoría | |
Interpretado por | Michael Jackson ![]() |
Director/a | Stan Winston ![]() |
Compositor/a | Dallas Austin (pt) ![]() ![]() |
Guionista | Michael Jackson e Stephen King ![]() |
Director/a fotografía | Russell Carpenter ![]() |
Actores | |
Publicación | |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Produtor/a | Michael Jackson e Stan Winston ![]() |
Distribuidor/a | Sony Music ![]() |
Dimensións | |
Duración | 38 minutos ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
O filme conta a historia dun sinitro personaxe con poderes sobrenaturais, que é forzado a abandonar a pequena vila onde vive polo seu alcalde, caracterizado coma un home arrogante, e que garda semellanza con Thomas Sneddon (o principal instigador de Jackson no caso de abusos sexuais a menores). O filme inclúe unha serie de coreografías executadas por Michael Jackson e a súa familia de pantasmas. Todas as cancións do filme foron extraídas dos álbums HIStory: Past, Present and Future - Book I e Blood on the Dance Floor: HIStory in the Mix.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Michael Jackson's Ghosts na IMDb (en inglés).