Midnight in Paris , a enciclopedia libre

Midnight in Paris é unha comedia romántica hispano-americana, escrita e dirixida por Woody Allen e producida polo grupo Mediapro e Allen's Gravier Productions. Presentouse no Festival de Cannes de 2011.

Midnight in Paris

Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoComedia romántica, filme de fantasía, cinema de ciencia ficción, filme de realismo máxico e filme de viaxe no tempo Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua francesa e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aWoody Allen Editar o valor en Wikidata
Compositor/aStephane Wrembel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
GuionistaWoody Allen Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaDarius Khondji Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineAlisa Lepselter (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalviaxe no tempo Editar o valor en Wikidata
Ambientado enParís Editar o valor en Wikidata
Baseado enA Moveable Feast (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América, España e Francia Editar o valor en Wikidata
Produtor/aLetty Aronson (pt) Traducir e Stephen Tenenbaum (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraMediapro e Televisió de Catalunya Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aSony Pictures Classics e Netflix Editar o valor en Wikidata
Recadación151.100.000 $ Editar o valor en Wikidata
Custo17.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 34 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeParís, square Jean-XXIII (en) Traducir, Palacio de Versalles, Giverny e Saint-Étienne-du-Mont (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Fontes e ligazóns
Páxina WEBsonyclassics.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt1605783 Filmaffinity: 567174 Allocine: 178300 Rottentomatoes: m/midnight_in_paris Mojo: midnightinparis Allmovie: v515754 TCM: 802334 Metacritic: movie/midnight-in-paris TV.com: movies/midnight-in-paris BNE: XX5213269 Netlix: 70181730 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Sinopse

editar

Midnight in Paris é unha comedia romántica ambientada en París que narra a historia dunha familia americana que viaxa á capital francesa por motivos de traballo, incluída unha parella de prometidos forzada a enfrontarse á ilusión de que unha vida diferente á súa puido ser mellor.

Gil e a súa prometida Inez están en París de vacacións coa súa familia, e por casualidade, atópanse cuns amigos. Gil é un exitoso pero insatisfeito guionista de Hollywood que agora traballa na súa primeira novela. Inez e os demais son moi escépticos coa idea. Unha noite, mentres paseaba só, Gil entra no coche duns agradables estraños. Gil decátase axiña de que foi transportado a 1920, unha época que admira e idolatra na súa novela. Mentres está alí, atópase e interactúa con coñecidos escritores e artistas da época que o axudan coa súa novela e coa súa vida. Ao final decátase de que a saudade dunha "época dourada" é un tema recorrente en calquera período de tempo, e que algúns prefiren ser nostálxicos dun pasado romántico no canto de aceptar o presente e o incerto futuro.

Personaxes

editar

Estrea

editar

A estrea mundial do filme foi o 11 de maio de 2011, como película de apertura do 64º Festival de Cannes. Sony Pictures Classic lanzou o filme nos Estados Unidos o 20 de maio de 2011.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar