Mnemea , a enciclopedia libre
Na mitoloxía grega, Mneme ou Mnemea (en grego Μνήμη, «memoria») é a segunda musa segundo a clasificación de Pausanias:
Biografía | |
---|---|
Celebración | relixión da Grecia Antiga ![]() |
Familia | |
Irmáns | Melete Aedea ![]() |
Descrito pola fonte | Descrición de Grecia, (sec:9.29.2) Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft ![]() |
«Os Alóadas consideraron que as musas eran tres e puxéronlles os nomes de Mélete, Mneme e Aede».[1]
Características
editarMnemea é a musa da plasmación ou da creación en si, pois encárgase de darlle forma concreta ás ideas abstractas. Ela é a que primeiro recorda e logo deixa posto por escrito o que súa irmá Meletea cavilou con anterioridade.
Considérase que a obra artística só ten existencia cando se está facendo, pois é durante este proceso cando a obra medra e cambia. Con Mnemea materialízanse as ideas que saíron da imaxinación grazas a Meletea, e este traballo é a base para que Aedea poida executalo en escena.
Represéntase, no mundo da arte, como unha moza en actitude escribente, apoiando un estilete no seu queixo, tratando de lembrar o pensado, para logo anotalo nun rolo de papiro.
Cultura popular
editarUn dos satélites de Xúpiter, Mnemea, foi así denominado na súa honra.
Notas
editar- ↑ Pausanias: Descrición de Grecia IX 29, 2