O Museo de Arte Moderna (Museum of Modern Art), máis coñecido como MoMA, está situado en Manhattan, na cidade de Nova York, na rúa 53, entre a quinta e a sexta avenidas. É considerado o principal museo de arte moderna no mundo. A súa colección inclúe traballos de arquitectura e deseño, debuxo, pintura, escultura, fotografía, gravados, libros ilustrados, filmes, e medios electrónicos.
Museo de Arte Moderna (Nova York) |
---|

|
Tipo | museo, museu de arte moderna (pt) , museo de arte, empresa produtora, organización sen ánimo de lucro e edificio de museo  |
---|
Parte de | Consorcio de Recursos Artísticos de Nova York  |
---|
|
Forma xurídica | asociación 501(c)(3)  |
---|
Fundador/a | Lillie P. Bliss (pt) , Mary Quinn Sullivan e Abigail Greene Aldrich (pt)  |
---|
Director/a | Glenn D. Lowry (pt) , Alfred H. Barr (pt) , Richard Oldenburg (en) , John B. Hightower (en) e Christophe Cherix (en)  |
---|
Presidente/a | Ronald Lauder, Leon Black (en) , Marie-Josée Kravis (en) , William S. Paley (pt) , David Rockefeller, Blanchette Ferry Rockefeller (en) , Blanchette Ferry Rockefeller (en) , Nelson Rockefeller, John Hay Whitney e Stephen Carlton Clark (pt)  |
---|
Arquitecto/a | Yoshio Taniguchi (pt) , Edward Durell Stone (pt) e Philip Lippincott Goodwin  |
---|
Visitantes anuais - (2021) 1160686
- (2019) 1992121
- (2018) 2774103
- (2016) 2788236
- (2015) 3084624
- (2014) 2800000
- (2014) 3018266
- (2013) 2154865
 |
|
Fundación | 1929  |
---|
Inauguración | 7 de novembro de 1929  |
---|
|
|
|
| reclamación de restitución dunha obra de arte |
2015 | restitución da arte saqueada polos nazis |
2023 | restitución da arte saqueada polos nazis  |
|
|
|
|
Estado | Estados Unidos de América |
Estado federado | Nova York |
Cidade | Nova York |
Borough | Manhattan  |
|
|
Localización | Midtown Manhattan  |
---|
Sede | Nova York  |
---|
Rúa | 53rd Street (en) e Quinta Avenida  |
---|
Código postal | 10019  |
---|
|
Premios | |
---|
|
|
|
Páxina WEB | moma.org  |
---|
Teléfono | +1-212-708-9400 e +1 212-708-9400  |
---|
Redes |  |
---|
[ Wikidata ] |
A biblioteca e os arquivos do MoMA dan abeiro a uns 300 mil libros e periódicos, así como a arquivos individuais de máis de 70 mil artistas. Os arquivos conteñen principalmente material relacionado coa historia da arte moderna e contemporánea.
O MoMA complementa o veciño Museo Metropolitano da Arte, é ás veces considerado un museo irmán, aínda que é un museo de arte xeral, onde a arte moderna é tan só unha area de especialización.