Moritz Pasch , a enciclopedia libre
Moritz Pasch, nado en Breslau (Prusia) o 8 de novembro de 1843, e finado en Bad Homburg o 20 de setembro de 1930, foi un matemático alemán de orixe xudía especializado en xeometría, o primeiro en describila de forma puramente axiomática.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1843 ![]() Wrocław, Polonia ![]() |
Morte | 20 de setembro de 1930 ![]() Bad Homburg vor der Höhe, Alemaña (pt) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Breslau Universidade de Frankfurt ![]() |
Director de tese | Heinrich Schröter ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeometría ![]() |
Lugar de traballo | Gießen ![]() |
Ocupación | matemático, profesor universitario, lóxico ![]() |
Empregador | Universidade de Giessen ![]() |
Obra | |
Doutorando | Clemens Thaer, Karl G. J. Kübel, Philipp Brückel, Albert Chambré, Emil Daub, Peter Dittmar, Wilhelm Grüninger, Ernst Heinemann, Karl Ernst Jakob Keil, Gottfried Kemmer, Karl Kratz, Heinrich Lepper, Philip Maennchen (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Premios | |
Traxectoria
editarPasch empezou estudando química na Universidade de Breslavia, pero pronto se cambiou ás matemáticas a suxestión do seu profesor, Heinrich Schröter, quen finalmente dirixiu a súa tese de doutoramento (1865).[1] Despois dun tempo en Berlín, onde estudou con Karl Weierstrass e Leopold Kronecker, conseguiu a súa habilitación docente na Universidade de Giessen en 1870.
Toda a súa carreira académica (1870-1911)[2] desenvolveuse nesta universidade,[3] sendo un profesor extraordinario desde 1873, profesor titular a partir de 1875 e catedrático desde 1888, en substitución do falecido Heinrich Baltzer. Tamén foi decano da facultade en 1883 e reitor da universidade en 1893-94.
En 1911 retirouse da docencia, pero continuou unha activa investigación. Morreu durante unha viaxe de vacacións.
Investigacións
editarA Pasch débeselle a primeira axiomatización moderna da xeometría.[4] No seu libro Vorlesungen über die neuere Geometrie (Leccións sobre xeometría moderna) (1882, 2.ª ed. 1926), baseado nas clases que estivera dando desde 1873,[5] declarou a súa intención de establecer explicitamente todos os conceptos e proposicións básicas da xeometría proxectiva (axiomas), derivando deles todos os resultados da disciplina de forma estritamente lóxica[6][7] e insistindo na idea de que o conxunto de axiomas ten que ser completo.[8] Neste aspecto é o antecedente máis directo da axiomatización (hoxe considerada canónica) feita por David Hilbert uns anos máis tarde (1899).
Notas
editar- ↑ Seidenberg 2008, p. Dictionary of Scientific Biography.
- ↑ Voelke 2005, p. 394-395.
- ↑ Pollard 2010, p. 1.
- ↑ Voelke 2005, p. 296.
- ↑ Torretti 1984, p. 210.
- ↑ Corry 2004, p. 40.
- ↑ Pollard 2010, p. 2.
- ↑ Kennedy 1972, p. 133.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |
Bibliografía
editar- Corry, Leo (2004). David Hilbert and the Axiomatization of Physics (1898–1918) (en inglés). Kluwer Academic. ISBN 1-4020-2777-X.
- Kennedy, H.C. (1972). "The Origins of Modern Axiomatics: Pasch to Peano" (en inglés) 79 (2): 133–136. ISSN 0002-9890.
- Pollard, Stephen (ed.) (2010). Essays on the Foundations of Mathematics by Moritz Pasch (en inglés). Springer. ISBN 978-90-481-9415-5.
- Schlimm, Dirk (2013). "The correspondence between Moritz Pasch and Felix Klein" (en inglés) 40 (2): 183–202. ISSN 0315-0860.
- Torretti, Roberto (1984). Philosophy of Geometry from Riemann to Poincaré (en inglés). Reidel Publishing. ISBN 978-94-009-9909-1.
- Voelke, Jean-Daniel (2005). Renaissance de la géométrie non euclidienne entre 1860 et 1900 (en francés). Peter Lang. ISBN 3-03910-464-0.