Nervio vago , a enciclopedia libre

O nervio vago, X par cranial ou nervio pneumogástrico, é un dos doce pares craniais.

Nervio vago
nervus vagus Editar o valor en Wikidata

Instancia declase de entidade anatómica Editar o valor en Wikidata
Subclase depar cranial e entidade anatómica particular Editar o valor en Wikidata
Ten rama anatómicaauricular branch of vagus nerve (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InnervaMúsculo levantador do véu palatino (pt) Traducir, Músculo salpingofaríngeo (pt) Traducir, músculo palatoglosso (pt) Traducir, músculo palatofaríngeo (pt) Traducir, músculo constritor superior da faringe (pt) Traducir, músculo constritor médio da faringe (pt) Traducir, músculo constritor inferior da faringe (pt) Traducir, fígado, páncreas e músculo cricotireóideo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
MeSHD014630 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12812 Editar o valor en Wikidata
BNEXX532098 Editar o valor en Wikidata
Terminologia Anatomica 98A14.2.01.153
Wikidata ] C:Commons ]
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducente
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulococlear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso

Orixe aparente e traxecto

editar

Orixínase no bulbo raquídeo e atravesa o burato xugular do occipital. Descende polo pescozo xunto coa arteria carótide interna na parte superior e coa arteria carótide común na parte inferior; e coa vea xugular interna, constituíndo o paquete vasculo-nervioso do pescozo. Este paquete viaxa cuberto pola parte fonda do músculo esternocleidomastoideo. Acompaña á carótide ata o arco aórtico. Sérvese da aorta e chega ás vísceras torácicas e abdominais, agás a parte final do intestino groso.

Orixe real do X par

editar

Tres núcleos do troncoencéfalo asociados:

  • Núcleo motor dorsal do vago
  • Núcleo do tracto solitario
  • Núcleo ambiguo

Ramos principais do nervio vago (X)

editar
  • Nervio auricular
  • Rama farínxea
  • Nervio larínxeo superior
  • Plexo cardíaco
  • Nervio recorrente larínxeo
  • Ramos para o plexo pulmonar
  • Plexo esofáxico

Innervación torácica e visceral

editar

Xunto coa aorta e outros vasos chega a:

Innervación de musculatura lisa

editar
  • Músculo crico-tiroide
  • Elevador da úvula
  • Músculo palatogloso
  • Constritores da farinxe
  • Músculos superiores la larinxe

Funcións do vago

editar
  • Sensitiva: recolle a sensibilidade do terzo posterior da lingua e parte superior da farinxe
  • Sensitiva: recolle información da trompa de Eustaquio e do oído medio
  • Motora: move os músculos anteriormente enunciados
  • Motora: produce descenso do ritmo cardíaco. Apenas inflúe na forza de contracción coronaria
  • Mixta: acción sobre as vísceras abdominais: movementos das mesmas, regulación da liberación de diversas substancias, tales como a propia insulina, a colecistoquinina ou secretina. É unha acción mediada por acetilcolina.