Os Herculoides , a enciclopedia libre

Os Herculoides é unha serie de debuxos animados de ciencia ficción creada polo estudio Hanna-Barbera para a CBS que se comezou a emitir en 1967. En Galicia a TVG emitiuna en 1986.

Os Herculoides
Tiposerie de televisión de animación Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoserie de televisión de fantasía e ciencia ficción Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinalinglés estadounidense Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aAlex Toth (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director/aWilliam Hanna Editar o valor en Wikidata
Compositor/aTed Nichols (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraHanna-Barbera Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aTaft Broadcasting Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalCBS Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo9 de setembro de 1967 Editar o valor en Wikidata
Remate6 de xaneiro de 1968 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Episodios18 Editar o valor en Wikidata
Tempadas1 Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBspa.cartoonnetworkla.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0061262 Filmaffinity: 620201 TV.com: shows/the-herculoids Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Sinopse

editar

A historia ten lugar nun planeta distante chamado Amzot. O nome do planeta, Amzot, menciónase por vez primeira nun dos episodios do Fantasma do Espazo, sendo ademais a primeira aparición dos personaxes na televisión; na propia serie, o nome menciónase por primeira vez no episodio 19: "As criaturas do tempo". Os Herculoides loitan xuntos para protexer o planeta Amzot dos invasores.

Personaxes

editar

Humanoides

editar
  • Zandor, protector do planeta Amzot;
  • Tara, muller de Zandor;
  • Dorno, fillo de Zandor e Tara.

Monstros

editar

As cinco criaturas nativas do planeta que aparecen nos Herculoides son:

  • Zok, o dragón alado, capaz de emitir raios cos ollos e coa cola. O único dos Herculoides capaz de voar polo espazo e respirar lume;
  • Igoo, un extremadamente forte e xigantesco gorila de pedra. A súa pel é moi dura. A pesar da súa aparencia e personalidade hostil, ten un cariño especial e moito afecto por Tara;
  • Tundro, unha mestura de rinoceronte con triceratops de dez patas. Tira pedras de enerxía explosivas co seu corno. A súa coiraza é tan resistente que o fai invulnerable. As súas pernas teñen a capacidade de se estarricar coma zancos;
  • Gloop e Gleep, dúas criaturas de materia elástica capaces de asumir tódalas formas que queiran. Tamén son capaces de se subdividir en unidades menores, todas con ollos e autonomía propia, e de se volver unir; Gloop é o maior dos dous. Os seus corpos extremadamente elásticos e flexibles son capaces de desviar e mesmo reflectir raios e absorber enerxía.

Continuación

editar

A serie tivo continuación dentro do espazo Space Stars, creado por Hanna-Barbera para a NBC no ano 1981, en 11 episodios de 6 minutos de duración cada un.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar