Partido Comunista de Galicia , a enciclopedia libre
O Partido Comunista de Galicia (PCG) constitúe a federación galega do Partido Comunista de España, forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida e ten como única lingua oficial o galego, o seu himno é A Internacional e o seu órgano de expresión é A Voz do Pobo publicado desde agosto de 1969. As súas xuventudes organízanse na Xuventude Comunista.
Partido Comunista de Galicia | |
---|---|
![]() | |
Tipo | partido político galego e partido comunista ![]() |
Ideoloxía política | eurocomunismo, galeguismo, federalismo español e marxismo ![]() |
Posición política | extrema esquerda ![]() |
Persoas e organizacións | |
Cargo dirixente | secretario xeral do Partido Comunista de Galicia ![]() |
Secretario/a | |
Data | |
Fundación | 1968 ![]() |
Localización | |
País | España ![]() |
Ligazóns | |
Páxina WEB | pcgalicia.org ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Historia e características
editarO PCG constituíuse en 1968, o congreso constituínte celebrouse no exilio, en París. Xa o PCE fora o principal partido de oposición ao franquismo en Galicia e o PCG mantivo esa hexemonía, pero xa contestada polos partidos nacionalistas de esquerda e tamén por outros partidos de esquerdas escindidos do propio PCE.
O seu primeiro secretario xeral foi Santiago Álvarez.
Eva Solla, foi elixida no XIII Congreso do 4 de outubro de 2014 cun 95% dos votos e foi a primeira muller na historia do PCG en desenvolver o cargo.
Dende 2022, o cargo de Secretario Nacional desempéñao Jorge Crego, que foi elixido no XV congreso celebrado en decembro de 2022 na Coruña. Crego é doutor en Dereito e profesor na Universidade da Coruña.
Secretarios xerais
editar- Santiago Álvarez (1968–1979)
- Rafael Pillado (1979)
- Anxo Guerreiro (1979–1983)
- Julio Pérez de la Fuente (1983–1985)
- Anxo Guerreiro (1985–1995)
- Manuel Peña-Rey Bouzas (1995–2000)
- Carlos Dafonte (2000–2002)
- Carlos Portomeñe (2002–2014)
- Eva Solla (2014–2022)
- Jorge Crego (2022–presente)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial do PCGArquivado 24 de outubro de 2018 en Wayback Machine.
- Web oficial da Xuventude Comunista Arquivado 12 de maio de 2008 en Wayback Machine.