PO-532 , a enciclopedia libre

A PO-532[1][2] (na provincia de Pontevedra) é unha estrada autonómica que une as poboacións de Pontevedra e Ponte Caldelas. Ten 14,3 quilómetros de longo. É un tramo da antiga C-531 que unía Xinzo de Limia con Vilagarcía de Arousa.

PO-532
Mapa
Estrada PO-532
Inicio da estrada en Pontevedra Editar o valor en Wikidata
ID antigo
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude14,24 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio N-541  Pontevedra (leste)
Fin PO-255  Ponte Caldelas

Percorrido

editar

Sae da rotonda onde remata a N-541, na Avenida Loureiro Crespo de Pontevedra. No seu comezo pasa pola rúa de San Amaro, e en Marcón e Mourente pasa pola rúa de Moldes. No lugar da Ermida crúzase coa PO-542 que vai desde Bora até o nó do Pino.

Xa no concello de Ponte Caldelas, no lugar da Reigosa, está o desvío á dereita cara ao polígono industrial do Campiño, pola EP-0004. Pouco despois, tamén a man dereita, pode collerse a estrada EP-0205 cara a Xustáns. Logo de atravesar Vilarchán co cruzamento á estrada EP-0204 a Mirón, seguindo atravesado a Buchabade, Tourón co cruzamento á estrada EP-0206 a Parada e seguindo atravesado a Cuñas, chégase a Ponte Caldelas.

A vía remata na Avenida de Pontevedra. A travesía que segue cara á Lama é a PO-255, a que vira á dereita pola Avenida de Vigo é a PO-244, que vai cara a Arcade (Soutomaior), e a que vira á esquerda é a PO-234 que vai cara á Chan (Cerdedo-Cotobade).

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.