Partido dos Socialistas de Galicia , a enciclopedia libre
- Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia.
O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia. De ideoloxía galeguista e socialdemócrata, conta con 1 010 concejales, as alcaldías de 3 das 7 principais cidades galegas (Vigo, A Coruña e Lugo), as presidencias das deputacións provinciais da Coruña e Lugo, 9 deputados no Parlamento de Galicia, 7 no Congreso dos Deputados e 4 senadores. O colectivo da mocidade do PSdeG-PSOE é as Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG).
Partido dos Socialistas de Galicia | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | partido político galego ![]() | ||
Parte de | Partido Socialista Obrero Español ![]() | ||
Ideoloxía política | socialdemocracia, galeguismo, feminismo, federalismo e europeísmo ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Cargo dirixente | Secretario Xeral do Partido Socialista de Galicia ![]() | ||
Presidente/a | |||
Secretario/a | |||
Data | |||
Fundación | 1879 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Santiago de Compostela ![]() | ||
Ligazóns | |||
Páxina WEB | psdeg-psoe.org ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Historia
editarO PSOE en Galicia adoptou o nome de Partido Socialista de Galicia no Congreso Extraordinario de novembro de 1977 e por diversos contenciosos co Partido Socialista Galego modificou o seu nome en 1980 para adoptar o actual.
Tiña 25.423 militantes no ano 2000, tras unha depuración interna da listaxe de militancia no ano 2002 quedou reducida a 10.500. Segundo datos publicados o 6 de marzo de 2006 conta con 27.551 afiliados, deles 19.307 activos.
Nas eleccións do 2005, o PSdeG-PSOE acadou 25 parlamentarios. A través dun pacto cos nacionalistas galegos do BNG, conseguiu a presidencia da Xunta de Galicia: Emilio Pérez Touriño, daquela secretario xeral dos socialistas foi o presidente dun goberno de coalición. Tras catro anos de presidencia, nas eleccións de marzo de 2009 o PSdeG-PSOE perdeu a posibilidade de reeditar goberno ao obter o Partido Popular de Galicia a maioría absoluta, perdendo un escano pola provincia da Coruña (o partido obtivo 524 488 votos, o 31,54%).[1]
Tras esta derrota, o secretario xeral, Emilio Pérez Touriño, presentou a súa dimisión. O 4 de marzo de 2009 constituíuse unha xestora presidida por Ricardo Varela Sánchez, Vicesecretario Xeral ata ese momento, que debía levar o partido ata o congreso extraordinario previsto para o 25 de abril dese ano.[2] O secretario xeral do partido en Ourense, Pachi Vázquez, perfilouse como o candidato con máis posibilidades para acceder á Secretaría Xeral no Congreso Extraordinario. Finalmente, o 25 de abril de 2009 Pachi Vázquez resultou elixido Secretario Xeral co 90% dos votos.
Trala derrota do PSdeG nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, houbo unhas eleccións primarias consultivas o 7 de setembro de 2013, nas que se presentaron José Ramón Gómez Besteiro e o alcalde da Illa de Arousa, Manel Vázquez.[3] Finalmente, José Ramón Gómez Besteiro alzouse como vencedor da consulta ao obter o 77% dos votos,[4] sendo ratificado o seu nomeamento nun congreso extraordinario celebrado o 29 de setembro de 2013. Co 95% dos votos, foi proclamado novo secretario xeral do PSdeG-PSOE.[5]
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, o candidato socialista á Xunta, Gonzalo Caballero, conseguiu os daquela peores resultados da historia do partido.[6] O candidato socialista aferrouse á subida dun punto e medio na porcentaxe de voto (pasou do 17,8% conseguido nas eleccións autonómicas de 2016 a un 19,37%) para defender que fixo "o mellor que podía facer". Aínda así, recoñeceu que os resultados foron "insatisfactorios" e achacouno ao impacto da crise sanitaria da Covid-19.[7] As enquisas de opinión situaron a Gonzalo Caballero como o líder peor valorado pola mocidade galega (4,1%) fronte á lider do BNG Ana Pontón (63,3%).[8]
Catro anos máis tarde celebráronse as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024. Nelas o alcalde das Pontes de García Rodríguez e secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín Formoso, decidiu non presentarse. Isto provocou un proceso de primarias entre: José Ramón Gómez Besteiro, que foi secretario xeral entre 2013 e 2016; Gonzalo Caballero, que foi secretario xeral entre 2017 e 2021; e un militante coruñés, Manuel Losada. Durante este proceso Gonzalo Caballero retirou a súa candidatura, Manuel Losada só presentou 18 avais e José Ramón Gómez Besteiro presentou cinco veces máis dos necesarios, sendo proclamado candidato. O PSdeG-PSOE empezou subindo nas enquisas, posicionándose entre 13 e 15 deputados, mentres que as sondaxes a pé de urna se situaban entre 9 e 10. Finalmente, o PSdeG-PSOE obtivo 9 deputados, sendo o seu peor resultado histórico. José Ramón Gómez Besteiro volveu novamente ser nomeado secretario xeral.
Líderes do PSdeG-PSOE
editarPresidente | Período | |
---|---|---|
1. | Francisco González Amadiós | 1979-1982 |
2. | Manuel Couce Pereiro | 1982-1985 |
3. | Antonio Rodríguez | 1985-1988 |
4. | Fernando González Laxe | 1988-1991 |
- | Vacante | 1991-1994 |
5. | Abel Caballero | 1994-1998 |
- | Vacante | 1998-2012 |
6. | Xosé López Orozco | 2012-2013 |
- | Vacante | 2013-2017 |
7. | Xoaquín Fernández Leiceaga | 2017-2021 |
8. | Carmela Silva | 2021-actualidade |
Secretario xeral | Período | |
---|---|---|
1. | Modesto Seara | 1977-1979 |
2. | Xosé Luís Rodríguez Pardo | 1979-1980 |
3. | Francisco Vázquez | 1980-1982 |
4. | Antonio Rodríguez | 1982-1985 |
5. | Antolín Sánchez Presedo | 1985-1994 |
6. | Francisco Vázquez | 1994-1998 |
7. | Emilio Pérez Touriño | 1998-2009 |
8. | Pachi Vázquez | 2009-2013 |
9. | José Ramón Gómez Besteiro | 2013-2016 |
- | Comisión Xestora presidida por Pilar Cancela | 2016-2017 |
10. | Gonzalo Caballero | 2017-2021 |
11. | Valentín González Formoso | 2021-2024 |
12. | José Ramón Gómez Besteiro | 2024-actualidade |
Resultados electorais
editarParlamento de Galicia
editar
Notas
editar- ↑ "Resultados definitivos das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009 no Diario Oficial de Galicia, nº. 60 do 27 de marzo de 2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de marzo de 2016. Consultado o 3 de abril de 2009.
- ↑ La gestora del PSdeG confía en coincidir con las bases en la sucesión de Touriño, Europa Press, 4 de marzo de 2009.
- ↑ Press, Europa (7 de setembro de 2013). "Besteiro y Manel Vázquez luchan por liderar el PSdeG en las primeras primarias". www.europapress.es.
- ↑ "Gómez Besteiro, nuevo secretario general del PSdG". La Voz de Galicia. 7 de setembro de 2013.
- ↑ "Gómez Besteiro toma el mando del PSdeG pidiendo un partido «sen fisuras»". La Voz de Galicia. 29 de setembro de 2013.
- ↑ "El PSOE gallego obtiene el peor resultado de su historia". www.elconfidencial.com (en castelán). 25 de setembro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2021.
- ↑ "Caballero culpa a la crisis del Covid-19". Faro de Vigo (en castelán). 13 de xullo de 2020. Consultado o 7 de febreiro de 2021.
- ↑ Sousa, Ainara Vázquez. "Ana Pontón, a política favorita entre os universitarios galegos". www.elcorreogallego.es. Consultado o 7 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Partido dos Socialistas de Galicia |