Pobo cree , a enciclopedia libre

Os cree[1] forman un grupo nativo norteamericano de máis de 200.000 individuos, o que o converte nun dos maiores grupos do Canadá. Viven no Quebec, Ontario, Manitoba, Saskatchewan e Alberta. A maioría dos cree eran indios dos bosques orientais, mentres que os que viven en Saskatchewan e o sur de Alberta, eran indios das pradeiras.

Pobo cree
Campamento cree Vermilion, Alberta, setembro de 1871. Foto: Charles Horetzky, Biblioteca e Arquivos do Canadá: C-005181.
Instancia deetnia, pobos nativos dos Estados Unidos e Amerindios do Canadá Editar o valor en Wikidata
Subclase deindíxenas de América do Norte Editar o valor en Wikidata
Parte dePrimeiras Nacións Editar o valor en Wikidata
LinguaCree, sinais dos indios das chairas, inglés e francés
Linguas faladaslingua de sinais dos indios das chairas e lingua cree Editar o valor en Wikidata
RelixiónAnimismo
Persoas relevantesTheoren Fleury (pt) Traducir, Tomson Highway (pt) Traducir e Ovide Mercredi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelacionadosOji-Cree, Ojibwa e Innu.
Poboación
Poboación total200.000
Rexións principais
Canadá200 000
Estados Unidos de América Estados Unidos5 656
Acontecementos
Comércio de peles norte-americano (pt) Traducir
Rebelião de Saskatchewan (pt) Traducir
James Bay Cree hydroelectric conflict (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ] C:Commons ]
Indio cree, Old Nemaska 2006 (Foto:André Perron).
Rapaza cree (1928).

Historia

editar

A banda do Grande Oso, en Saskatchewan, foi a última banda dos indios das chairas en entrar nunha reserva e o único grupo en manter un conflito violento coas autoridades canadenses. Moitos dos actuais caudillos canadenses nativos, como Ovide Mercredi, xefe da Asemblea das Primeiras Nacións do Canadá, son cree.

No Quebec, tras unha longa loita contra os gobernos provinciais e federais, os cree que viven na área da baía de James aceptaron unha compensación financeira pola confiscación da parte da illa que quedou inundada polo magno proxecto hidroeléctrico do norte do Quebec. Utilizaron parte dos fondos para mercar unha compañía aérea, sendo os cree o único pobo indio que posúa liñas aéreas propias. En 1980 opuxéronse con éxito á construción da segunda fase do proxecto hidroeléctrico da baía de James.

Debido ao gran número de falantes da lingua cree, esta ten actualmente un certo uso. En cree publícanse revistas, libros e xornais e incluso utilízase en programas informáticos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar