Pobo kickapoo , a enciclopedia libre

O pobo kickapoo (en lingua kickapoo: kiikaapoa ou kiikaapoi) é un pobo indíxena de fala algonquina que habitou outrora na rexión dos Grandes Lagos. No presente, existen tres tribos kickapoo federalmemte recoñecidas nos Estados Unidos: a Tribo Kickapoo en Kansas, a Tribo Kickapoo de Oklahoma e Tribo Tradicional Kickapoo de Texas. As bandas de Oklahoma e Texas están asociadas politicamente entre si. Os kickapoo en Kansas proveñen dun traslado dende o sur de Missouri en 1832 por mor dun intercambio de terras da súa reserva.[1] Ao redor de 3.000 persoas están inscritas como membros das tribos.

Pobo kickapoo
Babe Shkit, xefe dos kickapoo e delegado do territorio indio, c. 1900.
Instancia deetnia Editar o valor en Wikidata
Subclase depobos indíxenas de América do Norte Editar o valor en Wikidata
Poboación totalArredor de 5.000 (3.000 membros rexistrados na tribo)
Lingua maternalingua kickapoo, lingua inglesa e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Linguas faladaslingua inglesa, lingua kickapoo e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa nativa americana
RelacionadosOutros pobos algonquinos
Localización
LocalizaciónKansas, Oklahoma, Texas, Coahuila de Zaragoza e Sonora Editar o valor en Wikidata
Rexións principais
Estados Unidos de América Estados Unidos(Kansas, Oklahoma, Texas)
México(Coahuila, Sonora, Durango)
Wikidata ] C:Commons ]

Outra tribo, os kikapú, reside no Concello de Múzquiz no norte do estado mexicano de Coahuila. Existen tamén tribos máis pequenas vivindo en Sonora, ao oeste, e Durango, ao suroeste.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Grant Foreman, The Last Trek of the Indians: An Account of the Removal of the Indians from North of the Ohio River, Chicago: University of Chicago Press, 1946
  • Arrell M. Gibson, The Kickapoo: Lords of the Middle Border, Norman: University of Oklahoma Press, 1963
  • Mager Elisabeth (2017) Ethnic Consciousness in Cultural Survival: The Morongo Band of Mission Indians and the Kickapoo Traditional Tribe of Texas [Ligazón morta]. American Indian Culture and Research Journal: 2017, Vol. 41, No. 1, pp. 47–72.
  • M. Christopher Nunley, "Kickapoo Indians," in The New Handbook of Texas, Austin: Texas State Historical Association, 1996.
  • Muriel H. Wright, A Guide to the Indian Tribes of Oklahoma, Norman: University of Oklahoma Press, 1986
  • Joseph B. Herring, Kennekuk: The Kickapoo Prophet, Lawrence: University of Kansas Press, 1988