Pobo maxiar , a enciclopedia libre
Os maxiares[10] ou húngaros, (en húngaro: magyarok) é grupo étnico de Europa do leste, son os actuais poboadores de Hungría.
Historia e características
editarOrixinariamente tribos eslavas e finesas que baixaron da península de Kola e arredores cara a Hungría aproximadamente desde o s.IX que ocuparon o baleiro que os ávaros deixaron en Eslovaquia e Hungría. Iniciaron as súas incursións a primeiros do s.VII e fóronas intensificando ata acadar Saxonia, a Lotarinxia e mesmo Francia. Os actuais maxiares proveñen de tribos separadas dos grupos fino-ugros asentados ata o s.V nas estepas que se estenden entre os ríos Volga e Kama que se desprazaron cara aos territorios ao norte do Cáucaso e de Crimea. Aínda que etnicamente relacionados co grupo fino-ugro, as diversas migracións e a influencia doutros grupos asiático (ávaros, hunos, mongois) así como a influencia dos pobos otománs e iranianos, evidenciada nos modismos lingüísticos do idioma, obtida durante a migración maxiar cara ao oeste das estepas rusas, determinaron a diferenciación final do gurpo étnico mesmo antes do seu asentamento final nas rexións históricas de Pannonia e Dacia.
Durante a máxima extensión do pobo maxiar (ss.XI e XII) a influencia destes chegou desde os Cárpatos e Transilvania, e ao sur, ata a rexión localizada entre os ríos Sava e Drava.
A batalla do río Lechja supuxo a fin da época de incursións e o principio dos asentamentos nas chairas de Hungría. O reino maxiar foi o predecesor do reino de Hungría e as súas primeiras fronteiras estendíanse desde a Bohemia imperial ata os lindes dos montes Dálmatas, os límites da Bosnia bizantina e a fronteira norte de Eslovaquia. As súas primeiras incursións de expansión foron cara ao norte e o nordeste, lindando por fin co reino de Polonia. Tiveron unha rápida conversión ao catolicismo debido á herdanza maxiar da época das invasións (Polonia, Baviera, Saxonia, Lombardía e Austria, todas elas provincias cristiás) preto do novo milenio.
Na actualidade os maxiares representan o 92% da poboación de Hungría.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Bojer, Anasztázia (2012). Central Statistics Office of Hungary, ed. 2011. évi népszámlálás (PDF) (en húngaro). Budapest. ISBN 978-963-235-417-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xullo de 2019. Consultado o 1 de agosto de 2016.
- ↑ Central Statistical Office of Hungary, ed. (17 de abril de 2013). "1.1.4.2 A népesség nyelvismeret és nemek szerint" (XLS) (en húngaro). Consultado o 1 de agosto de 2016.
- ↑ United States Census Bureau, ed. (2013). "Total ancestry categories tallied for people with one or more ancestry categories reported: 2013 American Community Survey 1-Year Estimates". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 1 de agosto de 2016.
- ↑ (en romanés) "Comunicat de presă privind rezultatele definitive ale Recensământului Populaţiei şi Locuinţelor – 2011" Arquivado 17 de xullo de 2013 en Wayback Machine., at the 2011 Romanian census site; consultado o 11 de xullo de 2013
- ↑ 2001 Slovakian Census
- ↑ 2.statcan.ca (ed.). "The 2006 census". Arquivado dende o orixinal o 2009-06-25. Consultado o 22 de agosto de 2013.
- ↑ 2011 Serbian Census
- ↑ State Statistics Committee of Ukraine, ed. (2003). "About number and composition population of UKRAINE by data All-Ukrainian census of the population 2001". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2008. Consultado o 03 de maio de 2017.
- ↑ "Anzahl der Ausländer in Deutschland nach Herkunftsland (Stand: 31. Dezember 2014)".
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maxiar.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo maxiar |
Bibliografía
editar- Korai Magyar Történeti Lexicon (9–14. század) (Encyclopedia of the Early Hungarian History (9th–14th Centuries)) Budapest, Akadémiai Kiadó; 753. ISBN 963-05-6722-9.
- Károly Kocsis (DSc, Universidade de Miskolc) – Zsolt Bottlik (PhD, Universidade de Budapest) – Patrik Tátrai: Etnikai térfolyamatok a Kárpát-medence határon túli régióiban + CD (for detailed data), Magyar Tudományos Akadémia (Hungarian Academy of Sciences) – Földrajtudományi Kutatóintézet (Academy of Geographical Studies); Budapest; 2006.; ISBN 963-9545-10-4
Ligazóns externas
editar- Orixe dos húngaros (en castelán)
- Guía (en castelán)