Pocomaco , a enciclopedia libre
Pocomaco[1] ou Po. Co. Ma. Co. son as siglas polas que se coñece o Polígono de Comercio Maiorista da Coruña, un polígono comercial, industrial e loxístico situado no lugar de Mesoiro, no concello da Coruña.
Pocomaco | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | polígono industrial ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Coruña | |||
Parroquia | Elviña | |||
Lugar | Mesoiro ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | pocomaco.com ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarEn febreiro de 1967 formouse a asemblea constitutiva, e en xullo de 1972 comezaron as obras de urbanización, rematadas en decembro de 1974.
No polígono están instaladas empresas senlleiras como El Ideal Gallego, Prosegur ou Armería Álvarez e teñen importantes departamentos outras como Hijos de Rivera (centro loxístico) ou Abanca (centro tecnolóxico).[2]
A finais da primeira década do século XXI construíuse mediante iniciativa privada o polígono industrial de Vío, para complementar o xa saturado Po.Co.Ma.Co.,[3] porén en 2017 a téxtil Caramelo, a única empresa instalada na nova infraestrutura, anunciaba a súa quebra e liquidación.[4]
En 2013 inaugurouse o primeiro dos tres aparcadoiros disuasorios de balde dos que dispón o polígono.[5]
Accesos
editarFerroviario
editarO polígono conta cun cargadoiro en desuso que orixinariamente estaba conectado á liña A Coruña-Zamora. Contémplase de cara ao futuro aproveitar esta circunstancia para construír nas proximidades unha conexión co novo Porto Exterior.[6]
Estradas e autoestradas
editar- AC-14. Conecta o polígono con distintos barrios da cidade e o centro máis o aeroporto e a A-6.
- DP-0512. Conecta o polígono con Coruña e Arteixo a través de Feáns e Uxes.
Transporte público
editar- Cía. de Tranvías da Coruña: liña 21.[7]
Galería de imaxes
editar- Armería Álvarez
- Prosegur Nordés
- El Ideal Gallego
- Instalacións da extinta Telecoruña en Po.Co.Ma.Co.
- Unión da AC-14 coa Ronda do RC Deportivo da Coruña á altura do polígono
Notas
editar- ↑ Comunidade de Propietarios do Polígono de Pocomaco
- ↑ "Evo prescindirá en primavera de los servicios informáticos de Abanca, ubicados en Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 8-12-2015. Consultado o 27-4-2017.
- ↑ "Pocomaco rechaza que el polígono de Vío abra sin disponer de un acceso propio". La Opinión de A Coruña. Consultado o 27-4-2017.
- ↑ "Caramelo quebra e pide a liquidación". Praza Pública. Consultado o 27-4-2017.
- ↑ La Opinión de A Coruña. "Pocomaco hace sitio a los coches". Consultado o 2017-04-28.
- ↑ "El tren de mercancías, a Pocomaco". La Opinión de A Coruña. Consultado o 27-4-2017.
- ↑ La Opinión de A Coruña. "Pocomaco reclama que el autobús urbano dé servicio a todo el polígono". Consultado o 2017-04-28.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pocomaco |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |