Pokémon Sword e Shield , a enciclopedia libre
Pokémon Sword (en xaponés: ポケットモンスター ソード, Poketto Monsutā Sōdo) e Pokémon Shield (en xaponés: ポケットモンスター シールド, Poketto Monsutā Shīrudo) son dous videoxogos de rol de 2019 desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo Switch. Son os primeiros títulos da oitava xeración da serie de videoxogos de Pokémon e os segundos, despois de Pokémon: Let's Go, Pikachu! e Let's Go, Eevee!, lanzados para unha videoconsola caseira. Foron anunciados en febreiro de 2019, e Pokémon Sword e Shield distribuíronse internacionalmente o 15 de novembro de 2019.
Pokémon Sword e Shield | |
---|---|
Tipo | dúo de versións dun videoxogo de Pokémon ![]() |
Xénero artístico | videoxogo de rol ![]() |
Modo de xogo | videoxogo para un xogador e videoxogo multixogador ![]() |
Autoría | |
Desenvolvedor | Game Freak ![]() |
Actores de dobraxe
| |
Temática | |
Ambientado en | Galar ![]() |
Publicación | |
País orixe | Xapón ![]() |
Editorial | Nintendo e The Pokémon Company ![]() |
Distribuidor/a | Nintendo eShop ![]() |
Formato de distribución | cartucho, distribución dixital e descarga dixital ![]() |
Plataforma | Nintendo Switch ![]() |
Parte da serie | Pokémon ![]() |
Unidades vendidas
| |
Puntuación crítica
| |
Premios | |
Premios | |
Clasificación | |
Clasificación | USK ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Páxina WEB | swordshield.pokemon.com ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O concepto de Sword e Shield comezou a desenvolverse inmediatamente despois de rematar a creación de Pokémon Sun e Moon en 2016, aínda que o proceso de produción non comezaría até setembro de 2017. Ó igual que nos títulos anteriores, os xogos xiran arredor da viaxe dun adestrador Pokémon que quere converterse no campión Pokémon, desta volta na nova rexión de Galar, que está baseada no Reino Unido. O principal obxectivo nos xogos é destronar o Campión da Liga Pokémon, Leon, nun torneo no que os líderes dos ximnasios e outros rivais tamén participarán. Ó mesmo tempo o xogador deberá lidar co Team Yell e a súa sinistra conspiración dentro da Liga. Sword e Shield introduce 81 novas especies Pokémon xunto con 13 formas rexionais de Pokémon xa coñecidos.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)