Ponte Golden Gate , a enciclopedia libre

A Golden Gate é unha famosa ponte situada en California, Estados Unidos, que une a península de San Francisco polo norte co sur do condado de Marin. "Golden Gate" é tamén o nome do estreito no cal a ponte está construída, e recibe o seu nome do estreito en Constantinopla, chamado tamén a Porta Dourada, xa que comunicaba Europa con Asia.

Ponte Golden Gate
Condado de Marin e San Francisco Editar o valor en Wikidata

Tipoponte colgante, ponte de aceiro, ponte de peaxe, ponte de estrada e atracción turística Editar o valor en Wikidata
EpónimoGolden Gate (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deSete Marabillas do Mundo Moderno Editar o valor en Wikidata
Material usadoaceiro Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Mantido porGolden Gate Bridge, Highway and Transportation District Editar o valor en Wikidata
Propietario/aGolden Gate Bridge, Highway and Transportation District Editar o valor en Wikidata
Deseñador/aJoseph Strauss Editar o valor en Wikidata
Arquitecto/aJoseph Strauss Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación27 de maio de 1937 Editar o valor en Wikidata
Inauguración28 de maio de 1937 Editar o valor en Wikidata
Transporte
Permite o paso deU.S. Route 101 in California e Rota Estadual 1 da Califórnia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Seguinte cruzamento cara arribaPonte Richmond–San Rafael (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura746 pés Editar o valor en Wikidata
Anchura90 pés Editar o valor en Wikidata
Lonxitude8.981 pés Editar o valor en Wikidata
Número de arcos3 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
5 de xaneiro de 1933 – 19 de abril de 1937construción Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°49′11″N 122°28′43″O / 37.8197, -122.4786
Situado enCondado de Marin e San Francisco Editar o valor en Wikidata
AtravesaGolden Gate (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
California Historical Landmark
Data18 de xuño de 1987

Punto histórico da enxeñaría civil
Identificadorgolden-gate-bridge
Fontes e ligazóns
Páxina WEBgoldengate.org… Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: goldengatebridge Twitter: ggbridge Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

A Golden Gate é a ponte máis famosa de San Francisco malia non ser a maior nesta cidade, xa que a Bay Bridge é a vía principal.

Na década posterior á primeira guerra mundial o tráfico rodado na rexión da baía de San Francisco multiplicouse por sete, de modo que o sistema de ferris foi incapaz de absorber ese crecemento. Catalogada coma ponte pénsil, construída entre 1933 e 1937, cunha lonxitude aproximada de 1.280 metros, está pendurada de dúas torres de 227 m de altura. Ten unha calzada de seis carrís (tres en cada dirección) e dispón de carrís protexidos accesibles para peóns e bicicletas. A ponte tamén transporta dunnha a outra beira da canle gran cantidade da enerxía necesaria para o desenvolvemento da zona en tendidos eléctricos e conducións de combustible. Baixo a súa estrutura, deixa 67 m de altura para o paso dos barcos a través da baía. A Golden Gate constituíu a maior obra de enxeñaría da súa época. Hai uns anos tivo que ser repintada con urxencia sobre a súa característica cor alaranxada para evitar a rápida oxidación producida no aceiro da súa estrutura por mor da humidade do océano Pacífico.

Historia

editar

A construción da ponte comezou o 5 de xaneiro de 1933 baixo o programa Works Projects Administration (WPA), un programa de obras públicas iniciado polo goberno de Franklin D. Roosevelt para crear empregos con fondos federais e diminuír os efectos da Gran Depresión. O enxeñeiro xefe do proxecto foi Joseph Strauss. A ponte finalizouse en abril de 1937 e foi aberta ao tráfico peonil o 27 de maio ás 6:00 am, sendo permitido ao tráfico rodado ao día seguinte. A obra inicial custou 35 millóns de dólares da época.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar