Porto Amboim , a enciclopedia libre

Porto Amboim é unha cidade e municipio da provincia de Cuanza Sul, en Angola.

Modelo:Xeografía políticaPorto Amboim
Imaxe

Localización
Mapa
 10°43′57″S 13°45′37″L / -10.732563, 13.760203
EstadoAngola
ProvinciasCuanza Sul Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación137.000 Editar o valor en Wikidata (37,58 hab./km²)
Xeografía
Superficie3.646 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Xeografía

editar

Limita ao norte co municipio de Quiçama, ao leste cos municipios de Quilenda e Amboim, ao sur co municipio do Sumbe, e ao oeste polo océano Atlántico.

O concello ten unha superficie de 3 646 km² e, no ano 2006 tiña unha poboación estimada de 136 729 habitantes, polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era duns 37,5 hab./km².

Está constituído polas comunas de Porto Amboim (sede) e Kapolo.

Historia

editar

Orixinariamente, Porto Amboim era coñecido como Kissonde ou Quissonde un pequeno poblo que os portugueses colonizaron en 1587, e lle deron o nome de Benguela, e máis tarde Benguela Velha, debido á creación doutro pobo hoxe coñecido como Benguela, cidade que está situada a 350 km ao sur de Benguela Velha.[1]

Tivo un período de estancamento desde finais da Idade Moderna até os anos 20 en que o asentamento foi base para a expansión do cultivo do café. Nesa década, en 1923, o nome foi cambiado a Porto Amboim.[1]

 
Unha rúa de Porto Amboim.

Hoxe (2014), Porto Amboim é unha das áreas de crecemento para a industria off shore. A capa de presal[2] fronte á costa de Angola, con Porto Amboim no centro, é unha área de desenvolvemento planificada, con empresas como Paenal, unha empresa conxunta entre Sonangol, SBM & DSME e Heerema Porto Amboim, os dous principais estaleiros de fabricación para buques de mar a fóra.

  1. 1,0 1,1 Figueiredo, Andre. "HPIP". hpip.org (en inglés). Consultado o 2024-12-19. 
  2. Denomínase capa de presal a unha serie de formacións xeolóxicas diacrónicas nas plataformas continentais de concas extensionais formadas despois da separación de Gondwana, caracterizadas pola deposición de capas grosas de evaporitas, maioritariamente sal.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.