Premios Teen Choice , a enciclopedia libre
Os premios Teen Choice son galardóns que se conceden anualmente nun programa emitido pola Fox desde 1999 para recoñecer á mellor na música, cine, televisión, deporte, moda e máis segundo os votos de adolescentes entre 13 e 19 anos. No programa participan celebridades e músicos e os gañadores reciben táboas de surf de tamaño reducido, 182 cm, pintadas con deseños propios do verán.
Premios Teen Choice | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | acontecemento periódico, premio cinematográfico, premio de televisión, premio de música, premio deportivo e grupo de premios ![]() |
Subclase | premio ![]() |
Data | |
Fundación | 1 de agosto de 1999 ![]() |
Características | |
Concedido por | Fox Broadcasting Company ![]() |
Implicados | |
Organizador | Fox Broadcasting Company ![]() |
Localización | |
País | Estados Unidos de América ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Páxina WEB | teenchoiceawards.com ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Desenvolvemento
editarOs produtores executivos son Bob Bain e Michael Burg, o produtor Paul Flattery e o produtor supervisor Greg Sills, quen querían organizar uns premios como os da Nickelodeon Kids' Choice pero para un público adolescente e cunha estética ao estilo da MTV. Entre 1999 e 2005 celebrábanse semanas antes da súa transmisión pero desde 2006 emítense en directo. A cerimonia de 2010 celebrouse o 8 de agosto nos Ánxeles en directo por Internet[1] presentado por Michael Buckley, ao día seguinte emitiuse na Fox xa presentado por Katy Perry e os protagonistas de Glee, Kevin McHale, Cory Monteith, Mark Salling e Chris Colfer.
Notas
editar- ↑ "TC News". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2011. Consultado o 03 de outubro de 2010.