Pulp Fiction , a enciclopedia libre

Pulp Fiction é un filme estadounidense do ano 1994, gañador dun Oscar, escrito e dirixido por Quentin Tarantino, e protagonizado por John Travolta, Bruce Willis, Samuel L. Jackson e Uma Thurman, entre outros.

Pulp Fiction


Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema de gánsteres, filme independente, cinema dramático, filme sobre crime, cinema de drama policial e cinema policial de suspense Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aQuentin Tarantino Editar o valor en Wikidata
GuionistaQuentin Tarantino e Roger Avary Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaAndrzej Sekuła (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineSally Menke Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a produciónDavid Wasco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a vestiarioBetsy Heimann (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalcrime organizado Editar o valor en Wikidata
Ambientado enOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Parte deNational Film Registry Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aLawrence Bender Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoMichael Shamberg (en) Traducir, Stacey Sher e Danny DeVito Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraA Band Apart (pt) Traducir, Jersey Films e Miramax Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aMOKÉP, Miramax, Xfinity Streampix, Ivi.ru, Microsoft Store e Paramount+ Editar o valor en Wikidata
Recadación213.928.762 $ e 107.928.762 $ Editar o valor en Wikidata
Custo8.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración2 horas e 34 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
ColecciónMuseo de Arte Moderna de Nova York Editar o valor en Wikidata
Localización rodaxeOs Ánxeles e Tennessee Editar o valor en Wikidata
Premios
Clasificación
Fontes e ligazóns
Páxina WEBmiramax.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0110912 Filmaffinity: 160882 Allocine: 10126 Rottentomatoes: m/pulp_fiction Mojo: pulpfiction Allmovie: am6652 TCM: 87358 Metacritic: movie/pulp-fiction TV.com: movies/pulp-fiction Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Está considerado coma un dos representantes do cinema posmoderno.[1] Ademais, a súa estrutura non lineal e o seu estilo pouco convencional fixeron que se convertese nun filme de culto, cuxa inflúencia é notable noutras obras.

Estreouse en galego na TVG no outono de 1998.[2]

Sinopse

editar

O filme consta de tres historias curtas que Tarantino escribiu cando era novo; historias que se mesturan conforme avanza o filme. A trama comeza cun home e unha muller chamados Pumpkin (Tim Roth) e Honey Bunny (Amanda Plummer) nunha cafetería, que se dispoñen a atracar. Logo dos créditos, a historia segue cuns «gángsters», Vincent Vega (John Travolta) e Jules Winnfield (Samuel L. Jackson), que son enviados polo seu xefe Marsellus Wallace (Ving Rhames) ó piso duns raspiñeiros chamados Marvin (Phil LaMarr), Brett (Frank Whaley) e Roger (Burr Steers) a recuperar unha estraña maleta cuxo contido nunca é revelado. Ó chegar ó piso recuperan a maleta e matan a Roger e a Brett. Entón dá comezo á primeira historia: «Vincent Vega e a esposa de Marsellus Wallace». Nesta historia, Vincent ha de levar a cear a un asador a Mia (Uma Thurman), a esposa de Marsellus, xa que el ten que ausentarse.

A segunda historia: «O reloxo de ouro» narra a estafa de Butch (Bruce Willis) a Marsellus Wallace e a súa problemática fuxida da cidade.

Na terceira, «A situación con Boonie», estamos outra vez no piso no que Vincent e Jules matan a Roger e a Brett, onde termina a escena na que nos quedamos anteriormente. De súpeto aparece un cuarto home do baño (Alexis Arquette) que lles dispara sen chegar a darlles. O cuarto home é seguidamente asasinado por Vincent e Jules. Tras saír do edificio con Marvin, que en realidade era amigo de Jules, soben ó coche e Vincent, accidentalmente dispáralle na cabeza a Marvin, polo que teñen que esconder o coche e arranxalo. Escóndeno en casa dun amigo de Jules, Jimmie (Quentin Tarantino) e coa axuda do Señor Lobo (Harvey Keitel) arránxano. Logo pasamos ó epílogo no cal Vincent e Jules están na cafetería na que estaban Pumpkin e Honey Bunny ó principio.

Personaxes

editar

Premios

editar

1. Mellor película

2. Mellor director (Quentin Tarantino)

3. Mellor actor (John Travolta)

4. Mellor actor secundario (Samuel L. Jackson)

5. Mellor actriz secundaria (Uma Thurman)

6. Mellor guión orixinal: "GAÑADORA"

7. Mellor montaxe

Banda sonora

editar
  1. Charyn, Jerome (2009). Quentin Tarantino (en francés). ISBN 2-20725709-6. 
  2. YouTube (ed.). "Filadelfia na TVG". Consultado o 11 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar