Quentin Matsys , a enciclopedia libre
Quentin Matsys (escrito tamén Quinten ou Kwinten, e Massys, Matsys ou Matsijs), nado en Lovaina en 1466 e finado en Anveres o 4 de setembro de 1530, foi un pintor flamengo, fundador da Escola de Anveres.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1466 ![]() Lovaina, Bélxica ![]() |
Morte | 14 de setembro de 1530 ![]() Anveres, Bélxica ![]() |
Lugar de sepultura | Catedral de Nossa Senhora (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura ![]() |
Lugar de traballo | Anveres (1491 (Gregoriano)–1530 (Gregoriano)) Lovaina ![]() |
Ocupación | pintor, medallista, debuxante arquitectónico, artista, artista visual ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Retrato ![]() |
Movemento | Pintura flamenga primitiva ![]() |
Profesores | Dirk Bouts ![]() |
Alumnos | Eduardo, o Português (pt) ![]() ![]() |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Cornelis Massys, Jan Matsys ![]() |
Nai | Christina Van Pullaer ![]() |
Irmáns | Catharina Massys Joost Massys ![]() |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie (pt) ![]() Schilderboeck (pt) ![]() Lives of Flemish, German, and Dutch painters (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |

Traxectoria
editarNaceu na cidade de Lovaina, onde aprendeu a ser forxador. Moi logo entrou en contacto co pintor Dieric Bouts, quen o ensinou e puxo en coñecemento da obra de Memling e van der Weyden, de quen recibiu influencias. Con 25 anos marchou a Anveres, e a súa arte contribuíu a renovar a pintura fiamenga, a partir dos supostos de van Eyck e van der Weyden.
Matsys, ademais da súa vasta produción de temática relixiosa, tivo sona como retratista e entre as súas obras nese campo lémbranse: Retrato dun vello (1513), O cambista e súa muller (1514), o máis reproducido dos seus cadros, e A duquesa fea (1515).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Quentin Matsys |