Rebelde sen causa , a enciclopedia libre

Rebelde sen causa (en inglés: Rebel Without a Cause) é un filme estadounidense de 1955 sobre un grupo de adolescentes confusos nun suburbio de clase media. Rodado no novo formato CinemaScope e dirixido por Nicholas Ray, ofreceu un comentario social así como unha alternativa aos filmes previos que mostraban delincuentes nun ambiente deprimido.[1][2] O filme está protagonizado por James Dean, Sal Mineo e Natalie Wood.

Rebelde sen causa


Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema para adolescentes, historia de crecemento e cinema dramático Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aNicholas Ray Editar o valor en Wikidata
Compositor/aLeonard Rosenman Editar o valor en Wikidata
GuionistaStewart Stern (pt) Traducir, Irving Shulman (pt) Traducir e Nicholas Ray Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaErnest Haller Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineWilliam H. Ziegler (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a produciónMalcolm C. Bert (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a vestiarioMoss Mabry Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Parte deNational Film Registry Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aDavid Weisbart (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraWarner Bros. e Warner Bros. Pictures Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aWarner Bros. e Netflix Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 46 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeOs Ánxeles e Santa Monica Editar o valor en Wikidata
Premios
Clasificación
Fontes e ligazóns
RedesIMDB: tt0048545 Filmaffinity: 190155 Allocine: 1945 Rottentomatoes: m/rebel_without_a_cause Mojo: rebelwithoutacause Allmovie: v40604 TCM: 16115 Metacritic: movie/rebel-without-a-cause TV.com: movies/rebel-without-a-cause Netlix: 70031792 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O filme foi un intento innovador de retratar a decadencia moral da mocidade estadounidense, unha crítica ao estilo paternal e unha exploración do conflito interxeracional. O título provén do libro de 1944 do psiquiatra Robert M. Lindner Rebel Without a Cause: The Hypnoanalysis of a Criminal Psychopath. Non obstante, no filme non hai referencias de ningún tipo ao libro de Lindner. O filme foi estreado o 27 de outubro de 1955 case un mes despois da morte de Dean nun accidente de tráfico o 30 de setembro de 1955.

En 1990, Rebelde sen causa foi engadido ao National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórico e esteticamente significativo".

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 31 de decembro de 2001.[3]

Argumento

editar

Jim Stark é un inadaptado estudante de secundaria que chegou aos Ánxeles e busca encaixar entre os seus novos compañeiros. Porén, non o consegue e rapidamente se inimiza con Buzz e a súa banda ao tempo que queda engaiolado por Judy, moza do seu rival.

Neste contexto de enfrontamentos, Jim traba amizade con Plato, un rapaz solitario que se converte no seu secuaz. Entre as repetidas contendas cada vez máis graves, Jim, Plato e Judy quedan envoltos nun conflito que rematará con mortes.

Elenco

editar
  1. Crítica en Variety; 26 de outubro de 1955, páx. 6.
  2. Harrison's Reports, 22 de outubro de 1955, páx. 170.
  3. Programación de televisión

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar